Fotos feitas durante unha escapada ata Lisboa. A capital lusa ten ese punto no que comeza a parecer máis un parque temático que unha cidade. en prácticamente calquer punto do centro vense turistas buscando os sitios máis caracteristicas entre eles eu, claro, todas as personas creense visitantes ou viaxeiros e realmente somos turistas que poñemos o noso graniño de area. ainda así, paréceme tan chula e ten tantos recunchos que sempre hai algún sitio especial. Tamén tivemos sorte, no sentido que facía mal tempo, andava a chuviscar, co cal había menos xente. O caso é que me gusta moito Lisboa, tanto os seus monumentos (castelo Sé, elevador, etc) como camiñar sen dirección entre as rúas adoquinadas. E eu tampouco fun capaz de resistirme a facer o blanco e negro parcial cos tranvias amarelos. magoa que agora os tranvías leven publicidade. Lembro outra vez que fora na que ainda non tiñan. Belem tamén ten o seu punto, ainda que a zona visitable é máis monumental e non tanto a...