Esta entrada non é moi orixinal. De cando en vez publico unha parecida sobre o porto. pero é que nunca me resisto pasar por ahi cando vou a algún sitio os días que está de chover. Preferentemente xusto despóis de que caia o auga. Cando o vento comeza a dispersar as nubes grosas trala precipitación. por se aparece algún reflexo de barcos de altura, ou nubes, ou guindastres. Porque sempre aparece algo que me chama a atención. E, claro, logo acabo publicandoo.. ... Outra vez.
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".