Gustame moito este monte porque creo que é o que ten máis bosque autóctono de todo Vigo. Normalmente non hai moita xente. (quitando os domingos, que é como Coruxo un parque temático de bicis). Sempre que vou en bici ou a pasear para buscar sendeiros con desnivel levo a cámara. Case sempre hai unha árbore, unhas vistas, un recuncho que me chama a atención. E bueno, tamén está o banco de Galiza is different, enriba da ponte de Rande. Eso está menos tranquilo. Pero hai que recoñecer as vistas que ten da ponte son ben chulas. A verdade é que penso que non lle fai moita falta o banco de marras. Xa se sabe, un sitio sen banco non é un sitio instagrameable.
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".