Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Alto da Bandeira

  Este sitio de Saians é un dos meus preferidos dos montes de Coruxo.  E tamén de toda a contorna de todo Vigo. Dende esta atalaia podese ver en vista aerea a peninsula de Monteferro, as Cíes, Baiona, a serra da Grova...  Ainda que de cando en vez sae algún piñeiro ou eucalipto que fastidia as vistas.  O solpor dende este lugar é precioso.  Case sempre que vou dar unha volta por estes montes paso por aqui.  As veces está o ceo fermosisimo. Outras non tanto. Pero sempre paga a  pena a subida.

Albarracín

  Hai un par de anos fun de viaxe en familia a este pequeno pobo de Aragón.  Pequeno pero ben coñecido. E con xustiza, porque me pareceu moi bonito.  Non fumos nunha época do ano de moita masificación. Así que non sei como se pone en temporada alta.  Porque moitos destos pobos con tanto encanto as veces acaban convertidos en parques temáticos.  Agardo que a pesar de ser un fermosisimo escenario medieval, os seus barrios e veciñanza non sufran a xentrificación.  Nos arredores hai castelos e múltiples miradoiros onde se poden ver buitres.  E bosques de piñeiros que non teñen fin.  A verdade é que me gustou moito.

O Marisquiño

  A verdade é que non sigo demasiado este festival.  Normalmente acostumo a estar fora e poucos anos me coincide poder velo.  Cando era no casco vello e no centro de Vigo resultabame algo agobiante.  Agora que moitas probas / eventos están trasladados en Samil, se me coincide sen estar fora intento ir.  É complicado sacarlle fotos a estas máquinas en acción en plena competición, hai que ter sorte co sitio. Soe ser mellor durante as probas que durante a propia competición.