Terras de Sa Pa. Ao fondo do val. Welcome to Ban Ho Arrozal de Sa Pa Meigallo E ti, que? Indundadas A clase Volvoreta Corre Volvoreta 2 Teletransporte Foto! A medida que un se afasta da poboación principal de Sa Pa, a pegada do turismo nótase menos. A xente está máis pendente dos seus traballos que de venderlle pulseras ou latas de bebida aos foráneos. Realmente na parte baixa do val, a sensación é máis de observador que de observado. As “homestays” semellanse máis a casas de xente que a hostais. É máis auténtico. Co auxe do turismo nesta zona de Vietnam, non sei se ao final cambiará o carácter das diferentes etnias. Según nos dixo a guía, a pesar da gran extensión dos espectaculares arrozais, a colleita so da para consumo propio da rexión. Polo tanto, os ingresos a maiores son – obviamente – benvidos. Espero que se poida mesturar con equilibrio as tradicións de sempre coa adaptación ao tur...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".