Ir ao Courel é unha boa idea. Non importa a época do ano. Pero no outono, a idea non só é, boa: É maravillosa. A Devesa de Rogueira e Formigueiros Subir ata o Formigueiros pola sua arista pode facerse algo custa arriba, pero paga a pena, por poder gozar da ampla inmensidade despoboada do seu entorno mentres se ascende. Un día completamente despexado, con luz moi dura, é fatal para sacar fotos. Pero que máis da, si se pode avistar prácticamente todo o Courel. Prados e cores A arista do Formigueiros dende abaixo Derradeiros esforzos Na "cresta" da arista Vistas da subida Fin da arista Cara a Lagoa de Lucenza Luces e sombras na Devesa O Miradoiro Polin Sobrevoar o bosque dende as alturas está moi ben. Pero o que nunca defrauda é introducirse na súa frondosidade, e asombrarse coa tremenda gama de cores que ten. Incluso xa avanzado o outono. Cores da devesa Bosque Frondosidade Carreiros de Rogueira Mantos de follas Courel en outono O balcón do bosque Detalles Vilamor O camiño do ...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".