O Zenit Helios 40-2, 85mm é un obxectivo clásico soviético. A primeira vista semella un bo pisapapeis. Este mazacote de metal, pesa bastánte máis que o corpo da cámara. Tanto é así, que ten unha rosca propia de trípode. Todo un tanque ruso. . . É bastante complicado de manexar, require tempo. O seu peso, que sexa completamente manual, un limitador de apertura que non entendo moi ben para que está, fan que non sexa doado habituarse a el. Ademáis, este capricho clásico vale para poucos tipos de foto (básicamente retratos). E, por se fora pouco, non é especialmente nítido. . . Todo desvantaxes, non? Que ten de bo este obxectivo? Os resultados son super curiosos. . Se por algo é coñecido (e recoñecido) é polo seu desenfoque. O "swirly bokeh", que ven sendo unha especie de tunel - remolino moi caracteristico, que aparece según a situación. Un obxectivo diferente dificil de domesticar, do que queda moito que aprender, e experimentar. Xa que os resultados case nunca son os agardad...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".