Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Gilbo e Yordas

  Penso que son os picos máis carácteristicos dos montes de Riaño. Xa hai varias entradas destas montañas no blog. Pero como sempre atopo cousas que me parecen interesantes, xunteinos en outra máis. Igual non é a derradeira... Baixada do Gilbo Encoro de Riaño entre a brétema Vistas dende o Gilbo Yordas Espigüete dende o Gilbo

Ciudad Perdida Teyuna

  Fotos do acceso e visita a  Ciudad   Perdida  Teyuna (Colombia) Consiste nunha serie de plataformas circulares (máis de 140), situadas no medio da selva da Serra Nevada, onde se asentaron as tribus Teyuna. Nas plataformas construían as súas vivendas en madeira e Arcilla (obviamente non queda nada delas) Chegaron a vivir ata 2000 habitantes.  Máis entradas de Colombia  Aquí Amencer Considerase o Machu Pichu colombiano, aínda que é bastante máis antigo, e bastante máis grande que o asentamento peruano. Foi descuberta sobre 1976, e Ainda quedan partes da cidade por explorar. Sempre tiven ganas de realizar este "trekking". Dende que escoitara a Jon Sistiaga na radio falando del. Pasaron anos dende que souben da ruta, e probablemente agora sexa máis doada e esté máis explotada. Construíronse pontes e agrandaronse carreiros. Pero a dificultade segue sendo a mesma, máis que o desnivel acumulado (que o ten) as condicions de humidade e calor, que fan perder moita ...

Valle del Cocora

 Fotos feitas durante o roteiro de sendeirismo que percorre o val do Cocora. Dentro do eixo cafetero Colombiano. A ruta comeza no bosque de palmas de cera. Simbolo de Colombia. Aqui hai varios miradoiros e é unha zona moi visitada. A medida que se vai subindo e introducindose no val do rio Quindio vaise atopando menos xente. O carreiro pasa por varias fincas que son de pago. pensaba que era para protección da area, pero seica é porque son parcelas privadas. Tamén se pode visitar unha caseta onde se pode ver colibries e se pode tomar café. Para atraer aos paxariños, está rodeada de cuncos con auga con azucar.  Nun principio non mepareceu moi ben este intervencionismo para que os guiris vexamos a estes pequenos animáis. Pero despois estiven buscando e non teño claro que sexa perxudicial para eles, máis alá de que imaxino que se malacostumbrarán. O remate é unha baixada a beira do rio, que ten varias pontes e algunha fervenza, como a que se chama Palmas de Niebla. Track da ruta a...