Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer. E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo. Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala. Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos. Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo. Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo. Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo. Unha moi grata s...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".