Saltar ao contido principal

Jerash

Normalmente as ruinas non prosperan porque as cidades ou asentamentos necesitan progresar e crecer. 

E moitas veces fano sen valorar o pasado e o destruen ou expolian. Pasou con murallas medievais, igrexas, barrios enteiros en todo o mundo.

Non foi o caso de Jerash. Aquí a cidade foi asolada por un terremoto que rematou con ela. E no canto de reconstruirla os seus habitantes decidiron abandonala.

Por esta vila pasaron mesopotamos, mamelucos, gregos, persas, pero os que deixaron maior impronta foron os romanos.

Séculos despois, tralas guerras, volveuse habitar este asentemento, pero na colina do lado, polo que os restos se respectaron (máis ou menos) e hoxe en día é unha das vilas romanas mellor conservadas do mundo.


Centos e centos de columnas, pórticos, igrexas, anfiteatros, circos, rúas romanas, beirarúas... Jerash ten de todo.


Cando se puxo en valor o asentamento, se reconstrui o que se puido. Pero hai moitos restos que seguen baixo a terra, descubertos a miudo.


Unha moi grata sorpresa para min. A verdade é que ia con moi pouca expectativa e foi das cousas que máis me gustou de Jordania.



Máis fotos de Jordania aquí

Publicacións populares deste blog

Dolomitas I. Col di Lana e Monte Paterno

Alpes Dolomitas. Col di Lana, e vista das tres cimas de Lavoredo dende o Monte Paterno, pola via ferrata innerkofler. Settsass dende Col di Lana Sella Vacas dolomitas Tres cimas de Lavaredo dende monte Paterno Punta Tre Scarpieri Ferrata Innerkofler Tres Cimas de Lavoredo Rifugio Locatelli Nos Dolomitas todo é grande. Os vales son amplos e verdes, de prados e bosques. Os seus espectaculares cumios rochosos aparecen ben separados entre eles, con paredes que semellan verticales e inaccesibles, de formas caracteristicas. As imaxes desta entrada foron tomadas na excursión ao Col di Lana (2462m) e a subida ao Monte Paterno (2744m, pola via ferrata Innekofler.

Expresión na rúa

Na vila están a proliferar muráis apadrinados pola administración (o que está moi ben). Inda así, dende aqui quixera resaltar as expresións urbanas anónimas. Xente que fai pequenas cousas sen tanto patrocinio nen difusión, con poucos máis medios que a propia imaxinación. As fotos están feitas en Vigo e Lyon. En Vigo hai un programa en marcha para decorar medianeras con muráis pintados. En Lyon levan tempo facendoo. En paralelo, xente creativa hai en todos os lados. Sobre as obras, non teño nin idea de quenes poden ser os autores, simplemente chamáronme a atención.

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Coronavirus. Etapas do confinamento

Durante este tempo de confinamento pasamos por diversas etapas. Cloe tamén.  1- Sorpresa e incredulidade 2- Pánico e histeria 3- Aprovisionamento compulsivo 4- Busca implacable de culpables 5- Policía de balcón 6- Crerse o enésimo bulo 7- Sensación de que non pasa o tempo 8 - Adaptación á situación 9- Escoitar "Resistiré" por centocincuenteava vez 10- Aburrimento 11- Incertidume 12- Temor ante o futuro E namentres... #Euquedonacasa Actualización post-confinamento Síndrome da cabana

Pura Vida (1)

Pura vida, é un especie de saudo en Costa Rica, unha resposta  a pregunta mecánica “Hola, Como estás?”. Sen embargo, esta frase para os costarricenses vai máis alo: simboliza un xeito de entender a vida. Expresa a simplicidade do bo vivir, optimismo, alegría, abundancia e exuberancia interpretadas dende un punto de vista sinxelo e humilde. Como na naturaleza. Un reflexo desa diversidade natural da que disfrutan os “ticos”.  Pura Vida (Morpho Azul Costa Rica) Cangrexo Halloween A espera Araña Oro Orbe Pelícano Iguana