A capital de Portugal préstase moito para fotos de retrato. Bueno, alomenos a min parécemo. Gústame. Ainda que non é doado pola cantidade de xente (si o que se pretende é algo máis preparado) si que ten moitas ruas longas adoquinadas, ou fachadas con azulexos que fan un fondo moi especial. Foi desta cando descubrín que co movil (e axuda de IA para o retoque) podense facer fotos con desenfoques como con obxectivos Leica Summicron. A ver, que si se fai atención se aprecia o truco por pequenos erros, e as veces a profundidade corta de campo é artificial. Pero dan moito o pego. Igual dentro duns anos xa non hai cámaras de fotos. A verdade é que esta é unha frase moi cuñada. Sempre as haberá, porque ainda que os teléfonos chequen a parecerse en resultado as mellores cámaras, nunca igualaran a experiencia de facer fotos con reflex ou telemétricas. P.S: non hai fotos de retratos preparados sen alguén que faga de modelo con paciencia. Gracias :-)