Saltar ao contido principal

Lisboa Retratos

 A capital de Portugal préstase moito para fotos de retrato. 


Bueno, alomenos a min parécemo. Gústame. 


Ainda que non é doado pola cantidade de xente (si o que se pretende é algo máis preparado) si que ten moitas ruas longas adoquinadas, ou fachadas con azulexos que fan un fondo moi especial.
Foi desta cando descubrín que co movil (e axuda de IA para o retoque) podense facer fotos con desenfoques como con obxectivos Leica Summicron. 
A ver, que si se fai atención se aprecia o truco por pequenos erros, e as veces a profundidade corta de campo é artificial. 

Pero dan moito o pego. Igual dentro duns anos xa non hai cámaras de fotos. 
A verdade é que esta é unha frase moi cuñada. 
Sempre as haberá, porque ainda que os teléfonos chequen a parecerse en resultado as mellores cámaras, nunca igualaran a experiencia de facer fotos con reflex ou telemétricas.



P.S: non hai fotos de retratos preparados sen alguén que faga de modelo con paciencia. Gracias :-)

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Islandia (I) - Jokulsarlon

  Lago de Icebergs de Jokulsarlon.   ​ Espectáculo inmóvil. Formas xélidas de todos os tamaños e cores. Caos de xeo.  Silencio e frío. Impresiona. Mesmo sen ter as luces de final do día, nin ceo claro, nin vento tranquilo que deixe calma a auga. Jokulsarlon  é un deses lugares que se quedan na cabeza toda a vida.

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...