Fotos do acceso e visita a Ciudad Perdida Teyuna (Colombia) Consiste nunha serie de plataformas circulares (máis de 140), situadas no medio da selva da Serra Nevada, onde se asentaron as tribus Teyuna. Nas plataformas construían as súas vivendas en madeira e Arcilla (obviamente non queda nada delas) Chegaron a vivir ata 2000 habitantes. Amencer Considerase o Machu Pichu colombiano, aínda que é bastante máis antigo, e bastante máis grande que o asentamento peruano. Foi descuberta sobre 1976, e Ainda quedan partes da cidade por explorar. Sempre tiven ganas de realizar este "trekking". Dende que escoitara a Jon Sistiaga na radio falando del. Pasaron anos dende que souben da ruta, e probablemente agora sexa máis doada e esté máis explotada. Construíronse pontes e agrandaronse carreiros. Pero a dificultade segue sendo a mesma, máis que o desnivel acumulado (que o ten) as condicions de humidade e calor, que fan perder moita auga e sentir o corpo sudado en todo ...