Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

Cartagena

  Esta vila do caribe colombiano foi das que máis me gustou do pais.  Vese chea de vida, e non só polo turismo.  Mestura de forma colorida o moderno (e non tan bonito) skyline típico américano con casas tipo coloníais. Forte San Felipe É esta derradeira zona a que se visita, e na que eu estiven. Skyline Ten bastante relevancia. É a segunda cidade en actividade económica de Colombia.  Foi capital do pais na época do control hispano, e sempre foi un departamento a ter en conta. Cando chove en Cartagena O asentamento non ten unha historia moi longa (bueno, ou si, pero solo se conta dende que chegaron os españois). Pero ainda así é ben intensa.  Impresionoume a batalla contra os ingleses na que os españois colonos rexeitaron a invasión.   Din que de non ter repelido aquel ataque, gran parte de américa latina hoxe en día falaría inglés.   Tal era a importancia de Cartaxena.   Daquela batalla quedou como recordo un impresionante forte, o castelo de San ...

Passaran.Araign - Montgarri

 Etapa 3 do Passaran. Etapa "raiña" Saimos de Francia, da zona de Ariège, para entrar no Val d´Aran. Dende o Collado Araign Deixamos cedo do refuxio de Araign, porque o día vai ser longo, non hai sombra, e está facendo moito calor. Máis de 30º en alta montaña, a máis de 2000m de altura.  Normal que os glaciares estean quedando en mínimos. Vistas da frontera O primeiro é desfacer os pasos do día anterior e subir para voltar ao collado que se chama igual que o refuxio e o lago: Araign.  Despois, hai que seguir subindo, pero xa non tan forte, ata o Portillon de Albi: a frontera co Val d´Aran.  Photocall do Portillon Antes do collado, as vistas da rexión de Ariège coa luz da mañá eran dignas de admirar (e de usar como foto call).  Aneto e glaciar Atravesamos un par de pequenos lagos e chegamos a outro collado onde as panorámicas son super fermosas. por un lado, hacia o oeste, vese o macizo do Aneto, co seu glaciar. e hacia o Sur vemos o val que imos bordear dende ar...

Bretema nas Cíes

  Debido, imaxino, ao éxito das Illas Cíes agora está máis dificil conseguir praza para o camping. Hai que collelo con bastante tempo de anticipación. Así que pode pasar que, cando chega por fin o día de ir gozar das illas, toque temporal. Pódese pensar que é unha boa mala sorte: ter que pasar a tarde agotando as reservas da cantina do camping, achicar auga da tenda de campaña, esquecerse de ver estrelas, nin starlight, nin nada. A boa nova foi que o día seguinte do temporal, amenceu con sol. Polo menos iase secar a tenda.  Pero nin por esas: antes de que avanzara a mañá, chegou unha brétema marítima que impedía ver nada. Nin ir a praia, nin bañarse, porque había frío. Pois non queda outra que ir ata o faro de Cíes.  Quen ia pensar que, a metade de camiño iamos sobrepasar a nevoa, e camiñar sobre as nubes. E ver como as illas facían de barreira natural das nubes que non paraban de chegar dende o Atlántico. Polo de agora, as Cíes sempre compensan.

Eixo Cafetero de Colombia

Fotos tomadas durante a visita ao eixo cafetero de Colombia Buenavista   Pijao Salento Salento Flor do café Froita do café Café a tostar Filandia Arredores de Filandia Ruas de Filandia Willys de Pijao Máis entradas de Colombia  Aquí