Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí

Bogotá. A Candelaria

A Candelaria é o centro histórico de Bogotá.  Onde hai moitos edificios con institucións e/ou expresións culturais de todo tipo.  Hai tamén moita xente que a visita e por tanto, mercadillos e postos. Plaza Bolivar, Concordia, Chorro de Quevedo... As rúas son, na súa maior parte, construccións coloniais moi coloridas e características. A capital de Colombia ten máis cousas que visitar, pero eu so estiven unha mañá na cidade. Free tour e pouco máis. Máis entradas de Colombia  Aquí