Saltar ao contido principal

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran 


Volta ao inicio e saida da alta montaña.

Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech.

O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier.

Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita


Pedras con formas curiosas


Máis entradas do Passaran Aquí

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e...

Islandia (I) - Jokulsarlon

  Lago de Icebergs de Jokulsarlon.   ​ Espectáculo inmóvil. Formas xélidas de todos os tamaños e cores. Caos de xeo.  Silencio e frío. Impresiona. Mesmo sen ter as luces de final do día, nin ceo claro, nin vento tranquilo que deixe calma a auga. Jokulsarlon  é un deses lugares que se quedan na cabeza toda a vida.

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

O Outeiro Grande

O Outeiro Grande é o punto máis alto dos montes de Coruxo (xunto co alto do Mauxo Grande, que ten unha cota similar) con 450m de altura. Non sei se pertence a Vigo, ou a Nigrán, ou se é o límite de ambas. -x- El Outeiro Grande es el punto más alto de los montes de Coruxo (junto con el alto de Mauxo Grande, que tiene una cota similar), con 450m sobre o nivel do mar. No sé si pertenece a Vigo o a Nigrán, o si es el límite de ambas. Outeiro Grande Avistando Nigrán Amencer sobre o Galiñeiro Monte Castelo dendo o Outeiro Cara a névoa A saida do Sol Recomenzar Vista dende Outeiro Grande Derradeiras luces sobre Nigran e Baiona A caseta dos cazadores Solpor en Outeiro Grande Alcanzase facilmente por pistas, ou dificultosamente por camiños empinados (en Coruxo sempre hai variedade para escoller). O caso é que resulta un miradoiro espectacular.  Dende o Outeiro Grande, cara o interior vese a serra do Galiñeiro, co...