Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2025

Altri Non

  Teño ido a varias manifestacións multitudinarias en Compostela. As do Prestige e o Nunca Máis, as da lei depredación, contra a xestión do monte ante os lumes, en contra das diferentes guerras... pero nunca estiven nunha con tanta xente coma esta.  Encheuse e valeirouse varias veces a praza do Obradoiro (outras veces era na Quintana, que me parece máis pequena).  Estas imaxes tampouco reflexan a cantidade de xente, nin son de moito valor xornalistico.  Tampouco o prentendo, quería que quedara de lembranza. Ogallá se impoña o senso común, e as personas que teñen o poder de decidir paren este macro proxecto.  No que os postos de traballo que pode crear non compensa en absoluto os que pode destruir ou poner en perigo.  Ese emprego tampouco compensaría o dano ao noso patrimonio natural e cultural, nin o deterioro dos medios naturais que se verían afectados.  E sería a entrega definitiva dos nosos montes ao modelo forestal que entende o territorio como una...

Selva Irati

  Sempre tiven moitas ganas de visitar este bosque. Así que aproveitando que quedaba de camiño a volta de un viaxe a Pirineos, fixen por facer parada un par de días. Nese par de días, non vimos o sol. Pódese pensar que polo frondoso da foresta, pero realmente foi pola nevoa e choiva que nos acompañaron en todo momento. E iso que era en pleno agosto. Pero a min gustoume moito igual. ou máis, porque as névoas danlle un aire máis mistico e misterioso.  E nas fotos queda moi ben.