Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2026

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

Circo do Cornón

  O Cornón é un pico que está moi preto de Villablino, pódese acceder dende a parroquia de Sosas de Laciana. Percorrendo todo o val. Na nosa excursión, cando chegamos ao collado, facía tanto vento que se nos quitaron as ganas de subilo. Pero as vistas pagan a pena. Ademáis, se é por subir picos, está o Cornín que é máis baixiño pero ten unha baixada que hai que ir a modiño. Se en vez de voltar polo val, se fai a volta polas crestas, percorrese o circo completo, e as vistas son ben fermosas.