Saltar ao contido principal

Publicacións

Ons

As illas Ons. Días de vran Solpor atlántico en Ons Faro de Ons Illote Centolo A saida do inferno (Buraco do inferno) Ons Cunchas de Canexol Mañá máis Onza

Praia Patos

No lado da praia de patos cercano a Monteferro, hai unhas pedras cubertas de algas con formas ben curiosas.  Estas algas, na primavera alcanzan uns verdes espectaculares. Realzados nas horas do fin do día volvense case fosforitos.  Estas fotos están feitas en  abril e en xullo.  

Cloe

A verdade é que publicar fotos de gatos na rede non resulta nada orixinal.  Ainda pensando así, non consegúin resistirme a deixar aquí esta pequena selección da miña nova compañeira.   Como modelo é moi fotoxénica e cambiante, pero nada colaborativa.

Os montes de Riaño

Imaxes das montañas calizas que están rodeadas polo embalse de Riaño.  Pantano moi fermoso, pero que é o resultado da controvertida presa que inundou o antigo riaño orixinal, e algúns outros pobos... Vista clásica do pantano Refuxio de Riaño A Beira do Pantano A arista do Gilbo Peñas Pintas Manto de  frores Gilbo Peñas pintas dende Llerenes Primavera no pantano

Praia Lagos

A Praia Lagos (a de Bueu, baixo Cabo Udra), ademáis da súa caracteristica area branca e grosa, presenta unha ampla “muralla de contención” formada por rochas que protexen o areal da forza das ondas. Deste xeito, na baixamar, as augas están tranquilas na beira, a pesar de que Praia Lagos está exposta directamente ao Atlántico dende o Oeste. Dende a primeira vez que fun, sempre pensei que na baixamar, con vento frouxo e sorte co tempo, a auga retida na praia lagos podía facer un gran espello dun ceo cheo de nubes no solpor. Tentei capturar ese reflexo dúas ou tres veces, sen obter exactamente o que esperaba, pero os recunchos da praia e o resultado das fotos gustaronme igualmente. Espello de Praia Lagos Muralla de Pedras A tumba do Ourizo A cor da baixamar Algas descubertas Solpor en Praia Lagos Escoitar a area Derradeira luz no verde O gardián das cunchas Espello de Praia Lagos (2) Solpor en Praia Lagos (2)...