Saltar ao contido principal

Publicacións

O solpor dende o Galiñeiro

O Galiñeiro é un lugar polo que sinto unha especial atracción.   Gústame moito facer a ruta que sae do parque forestal, sube polo refuxio e chega ata o pequeno "collado" entre cumios, seguindo o PRG1 No collado, visita imprescindible ao cume norte, que seica é a de menor altura das tres, pero da unhas vistas moi fermosas do interior da ría e o encoro de Zamáns. Tras voltar os pasos, comeza o divertido, crestear toda a pequena serra, subindo e baixando polas pedras. Gústame como adestramento para rutas de montaña, fora de sendeiro. Pero sobre todo gustame porque, as horas que adoito ir, a luz e as vistas son moi fermosas. O cumio principal, o do vórtice xeodésico, non me parece o máis fermoso de todos, pero deixa ver toda a serra, tanto cara o norte como cara o sur. Se hai sorte e non pega moito o vento, é unha ruta moi divertida e incluso agradable Continuar o cresteo leva a baixada que chega a pista que sube ao terceiro cume, o lombo do raposo máis desta vez non subin. maila...

Dunas de Maspalomas

  A parte sur da illa de Las Palmas de Gran canaria é moi turística para o meu gusto. Non é o típico sitio que a min me chame a atención. Porén, ten unha das zonas máis fermosas das illas canarias, as dunas de Maspalomas. Realmente, non está permitido camiñar polas dunas.  De primeiras, non o parece, porque nada máis chegar, vese moita xente que o fai.  De feito, eu entereime de que non se pode cando marchaba, había un letreiro no pequeno muro que separa as dunas dun complexo hoteleiro. Pero no paso polo que entrei, non vin cartel.  Ainda así, ainda tendoo visto, non sei se me podería resistir a camiñar por elas, porque as personiñas somos unhas pequenas formigas en enormes masas de area, e porque nas zonas preto do hotel había moitísima xente sacándose fotos (rematas por pensar"por dúas persoas máis...") Imaxino que nun futuro acabarán poñendo vallas para que non deterioremos nin influamos nos movementos de area, nin perturbemos un ecosistema que non deixa de ser mo...

La Palma Sur

O sur da palma ten os volcanes máis novos da illa, polo que ainda non tivo tempo xeolóxico para ser tan verde coma o leste. Imaxino que o clima tamén ten algo que ver. O resultado: extensións enormes de novas terras volcánicas. Ben curiosas e diferentes.   Solpor en los quemados Na cara oeste hai uns solpores moi fermosos, con moitas posibilidades para velos, xa que a oreografía é moi escarpada. Neste lado tamén están os restos da derradeira erupción, que tanto trastornou a vida da xente da illa. Entre as partes afectadas, está o complexo hotelero de puerto naos, que tampouco me coincide moi ben co tipo de turismo que entendo que vai a visitar La Palma. No momento que eu estiven na Palma eran unhas rúas pantasma. praia de charco verde O novo volcán Nova realidade Entre a terra e o ceo Volcán de San Antonio Novos volcáns do sur Calas de Malpais Máis entradas sobre La Palma  aquí

Rutas de la Palma

  Pequena selección de fotos feitas durante rutas de curto percorrido na illa da Palma.  Esta zona é un paraiso para o sendeirismo, con unha ampla rede de carreiros, en moi bo estado e moi ben sinalizados. Fervenza de Los Tilos Nubes pasando do leste ao oeste da illa, sobre cumbre vieja. vista dende o Roque dos Muchachos. Miradoiro do espigón Atravesado, en Las Nieves Barrancos de Buracas No interior do Cubo de la Galga Barlovento Entre plataneros Tajinaste solitario na caldera de Taburiente. Máis entradas sobre La Palma aquí

La Palma Costa Este

  Creo que a vertente leste da illa da Palma foi a parta das que visitei que máis me gustou. Bosques frondosos, barrancos profundos, camiños verdes de laurisilva, praias, piscinas naturais... A praia de Nogales é moi coñecida. Está baixo imponentes cantís. É certo que en Galicia temos varias parecidas, pero non con area negra.  E a pasarela de acceso é preciosa, xa só por percorrela paga a pena baixar a praia. As piscinas naturais son moi curiosas. Podes estar bañandote no mar cando hai unhas ondas batendo forte nas rocas. E co chiringuito ao lado. O miradoiro de san bartolo da unha moi boa perspectiva da costa e do interior, por estar nunha elevación. Barrancos con estradas sinuosas e as veces tortuosas ... E a singular capital da illa, Santa Cruz, que ten unhas rúas con moito encanto. Máis entradas sobre La Palma  aquí