Cabo Home é un dos lugares que máis me atrae. O horizonte do océano, a altura da perspectiva dos cantís, o vento, a vista panorámica, o ruido do mar batendo nas rochas… Estando ali tense a sensación de estar apartado de case todo. O seu faro é sobrio e sinxelo - non deixa de ser unha construcción cilindrica cun par de fiestras - pero estando onde está, non necesita nada máis. Encaixa perfectamente entre as abruptas rochas que o rodean e as insistentes ondas do Atlántico. Cabo Home impresiona en calqueira momento, pero cando resulta máis espectacular é cando empeza a iluminalo o derradeiro raio de luz. Derraderiro raio de luz en Cabo Home Faro de punta robaleira entre as pedras Cantís vermellos A primeira tarde de inverno que visitei Cabo Home con cámara en man, buscaba as tonalidades do sol previas ao solpor. Pintaba ben a cousa: As nubes xustas e necesarias, o mar inquieto... Mágoa era que esas mesmas nubes que lle daban contido ao ceo, estaban a t...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".