Tes kiwis?? Esta pregunta ven sendo escoitada pol@s fill@s das derradeiras xeracións, cando chega Outubro ou Novembro. Quen máis quen menos, todas sabemos de algún coñecido ou familiar que busca consumidor de kiwis, porque non da abasto cos recollidos da finca. Os kiwis ("quibis", como dicimos no sur, ou "quigüis" como din máis ao norte) chegaron as plantacións de Galicia na década dos 90. Principalmente no Baixo Miño, pero tamén no Morrazo ou no Salnés. Ao ser fruta exótica, e con boa prensa polas suas propiedades, animou a moita xente a plantalos. Ainda que trala caída do seu prezo, anos despois, moitos cultivos volveron a cubrirse de viñas. Ainda así, tanto en pequenas parcelas particulares como en produccions de varias hectareas, o kiwi segue producindose. E dase ben nás rías baixas. De feito Galicia é o principal productor da península. E chegado o outono, hai que comelo. Que se non se pocha. Sexan redondiños perfectos ou deses amorfos que que par...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".