Hai días nos que a névoa se extende pola ría de Vigo, pero non é alta dabondo para cubrir os montes da contorna. Neses días, ao subir polos bosques de Saians e San Miguel, ao alzanzar o límite da brétema, as escenas que aparecen resultan ben curiosas. A choiva e a névoa pechada, na que os eucaliptos resultan ainda máis tétricos, dan paso aos raios de Sol cando se vai gañando altura O sol tenta colarse entre as ramas das arbores, mentres a capa de neboa que envolve todo realza os raios de luz, creando unha atmósfera case de conto. Lendas do bosque Camiñando entre nevoas Inicio Invasores escondidos Raios Choiva, charcos e eucaliptos Atmósfera de conto Luces entre arbores Os que saen coa auga
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".