Nesta zona do norte de León conviven as súas paisaxes impresionantes cunha historia recente dramática e frustrante. Novo Riaño A contorna da poboación de Riaño forma parte do parque rexional dos Picos de Europa. As súas montañas teñen oreografía moi parecida ao parque nacional: abruptas e calizas. Quizáis non son tan escarpadas, pero a mestura entre frondosos bosques e prominentes montañas resulta espectacular. Peñas Pintas dende o Gilbo Máis o que fai diferente a Riaño son as augas do seu embalse. Foi un absoluto atentado ecolóxico, como tantas outras veces, os supostos intereses da especie humana puxeronse por enriba do tremendo impacto ambiental que supón tal cantidade de auga nos vales anegados. Mudou para sempre este entorno. Prados de Liegos No interior dos bosques do parque Hai que recoñecer que paisaxisticamente é precioso: auga máis montañas, pero o prezo semella demasiado alto. Ademáis, as imaxes anteriores ao embalse mostran que Riaño era fermoso dabondo antes, igual ou...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".