Tantos meses de distancia, ou de falla de cercanía plena (o que vimos a chamar “normalidade”) dan moito para cavilar.
![]() |
Saudos distantes |
Xa sabíamos de antes que a vida social é maravillosa e moi enriquecedora. Porén, nestes meses comprobamos que o que verdadeiramente axuda a unha persoa a resistir á infelicidade é estar ben consigo mesma.
Por outra banda, durante o parón de actividade provocado pola pandemia, comprobamos que houbo un atisbo de recuperación do medio ambiente (ou polo menos ralentizouse o deterioro).
Resulta curioso que nos preocupe principalmente pensar como volver canto antes ao ritmo anterior, e non buscar métodos máis sostibles de producción, de consumo; de relacionarnos, en definitiva, para reinventarnos dunha forma diferente.
Sempre está ben darlle voltas a cabeza. Incluso cando volvan os saudos cercanos. Ogallá non falte moito.
![]() |
Ola...? |