Etapa raiña. Sexa cal sexa o paso cara Francia: O Tucarroya ou Puerto Pineta. O mal tempo empurrounos a evitar as cotas máis altas. Non se via prácticamente nada. Do lado norte, agardaba o Sol. O mundo ao revés. Puerto Nuevo Pineta O día xa comenzou regular. Moita nube e moito bochorno tormentoso. Deixamos atrás o bosque de Pineta e comezamos a subir. Cando tocou decidir non ocorreu coma o día anterior. Malamente viamos nada. Cubrindose Circo de Pineta Balcón de Pineta cuberto Deunos para ver a un grupo que facía a ruta ao mesmo tempo ca nós, que tiña pensado pasar polo Tucarroya, dirixindose cara Puerto Nuevo de Pineta. Alcanzamolo e dixeronnos que non o vian nada claro. Como eran experimentad@s (máis ca nós), decidimos ir canda eles, e deixar o Balcón de Pineta e o lago Mallafré para outra ocasión. Din que é espectacular, pero se non se vai ver nada… Puerto Nuevo Francia O paso por Puerto Nuevo non é ninguna broma tampouco. Moito desnivel e a parte final pedra desfeita. Dous pasos ad...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".