Saltar ao contido principal

Volta Monte Perdido e Vignemale: Bujaruelo - Goriz

Pasando a Francia polo porto de Bujaruelo e volvendo a Aragón pola Brecha de Rolando. O Paso dos Sarrios.

brecha de rolando ordesa monte perdido altaruta
A brecha de Rolan

Bujaruelo é un refuxio con moito movemento, xa que é punto de partida de moitas excursións, e ten acceso en vehiculo por pista. Para comezar cedo, durmimos a noite anterior a primeira etapa, entre impaciencia por comezar e dubidas sobre como se nos daría a alta ruta, a climatoloxía, que non era alentadora…

brecha de rolando ordesa monte perdido altaruta bujaruelo goriz etapa
Puerto Bujaruelo

Comezamos ben cedo e non paramos de subir ata o porto de Bujaruelo. De camiño abandonas bosque primeiro, praderas despois, para chegar a pedra pura e dura. E os primeiros neveros. Cando se chega ao refuxio de Sarradets todo era neve, e iso que estabamos en Agosto. A brecha de Rolando aparecia entre a brétema. Non facía bo dia.

brecha de rolando ordesa monte perdido altaruta bujaruelo goriz etapa
Serradets

brecha de rolando ordesa monte perdido altaruta
Camiño a Brecha

brecha de rolando ordesa monte perdido altaruta
No interior da Brecha

A preocupación por non levar crampons disipouse cando comprobamos que o camiño entre a neve estaba moi pisado. Facendo “zetas” chegamos a impresionante fisura na parede da montaña. Apenas 40 metros e pouco espazo para quedarse.

paso sarrios ordesa monte perdido altaruta
Cara o Paso dos Sarrios

paso sarrios ordesa monte perdido altaruta
Mirar abaixo

paso sarrios ordesa monte perdido altaruta
Mirar ao frente

torre marbore monte perdido altaruta brecha de rolando ordesa monte perdido altaruta bujaruelo goriz etapa
Torre Marbore

Na vertiente Aragonesa, bo tempo. O que nos animou a continuar polo famoso Paso dos Sarrios, apenas 10cm de apoio dos pes con un imponente patio debaixo. Pero ten truco: a parede de apoio está moi inclinada, polo que ademáis dos pes se pode apoiar coa man ou o cóbado. E no tramo máis delicado, cadenas para ter máis sensación de seguridade. Con tempo seco non presenta ningún problema (para quen non se bloquee co vertigo)

brecha rolando ordesa monte perdido altaruta brecha de rolando ordesa monte perdido altaruta bujaruelo goriz etapa perdidos
Brecha

Planas del Narciso

Cara Goriz

Prados

Ordesa

Compañeiras

Tras unha incómoda pedrera e un longo pero lixeiro descenso, chegamos ao refuxio de Goriz. Xusto enriba da cola de caballo, onde remata o val de Ordesa. Sen acceso en coche, pero un dos refuxios máis transitados dos pirineos; por ser o punto de partida do ascenso de unha montaña icónica: O Monte Perdido.

Goriz

Máis entradas da Alta Ruta do Perdidos Aquí

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...