Por incrible que pareza para quen non o coñeza, o rego Barxa está en Vigo. A 20-25 min en bici do Casco Vello. Entre Castrelos, Sárdoma e Beade. O paseo é precioso. O rego ten varios saltos de auga, minifervenzas, está envolto por un frondoso bosque polo que apenas se colan os raios de sol, e incluso ten un muiño máis ou menos enteiro. Como tantas e tantas cousas fermosas en Vigo, está esquecida e apartada. Sen camiños definidos. Con certo aroma decadente. Debo confesar que eu tampouco o coñecía ata hai ben pouco. Quizáis mellor así: dunha banda, non se masifica e non se altera nin se ensucia de porcallada. E dutra banda, o Concello non o destroza pretendendo poñelo en valor. Máis agora está en perigo. O trazado do Vial OP010 (proxectado entre Bembrive e Pereiró, pasando por Beade e Castrelos) queda preocupantemente preto deste oasis urbano. E non ten ningún nivel de protección. Si xa se fan desfeitas nas zonas que - teóricamente - están protexidas (vexase Cabo Estai, ou o propio...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".