Todo o que digan de Petra é certo. O que aquí fixo a cultura nabatea é impresionante. Resulta incrible imaxinar como puideron facer estas tumbas xigantes esculpidas na pedra, tendo en conta que teñen que comezarse dende arriba a abaixo. E máis tendo en conta que o chan na súa época estaba un par de pisos por baixo, soterrado pola area que arrastran as augas. Xa só o desfiladero, o Siq, fai que pague a pena a visita. Camiñar entre as sinuosas paredes, que servían para esconder o Tesoro (al Khazneh, o de Indiana Jones), pero tamén para canalizar a auga. Eso si, vendo a pelicula da Última Cruzada, un imaxina que atravesando as columnas vai atopar moreas de pasadizos, incluso algún templario. Nada diso, a fachada remata catro ou cinco metros detrás da columna, só é un adorno de tumba de ricos. Nin sequera a gran cantidade de visitantes enturbia a visita (e iso que cando fun viña de comezar o ataque de Israel a Gaza, e moitas reservas se cancelaran pola proximidade do conflicto). Nin t...