Hai tempo que tiña na cabeza facer unha ruta de dous días, con durmida incluida, na serra do Courel. Subir un día por un lado das montañas e baixar polo contrario, e o día seguinte a inversa para voltar ao punto de partida. Unha travesía cada día. Vista do Km vertical do Courel Carreiros hainos. O caso era buscar os máis interesantes para percorrer esta fermosa zona. Outra cousa que tiña na cabeza, máis ben curiosidade, era o kilómetro vertical. Dende Ferreirós ata Penaboa. Non son moito de retos físicos, pero seica é a única subida desas carácteristicas en Galicia. Folgoso Un km vertical é unha subida de mil metros de altura dentro dunha distancia de cinco kilómetros. Xa fixera algúns nos Picos de Europa. Hai que estar algo en forma, pero non son inalcanzables. O meritorio é facelos rápido ou varios seguidos. Así que, reunindo amig@s e decidindo data, animámonos a sacar as dúas espiñas nunha mesma fin de semana. Primeiro espolón do Km A idea era partir de Ferreirós de Abaixo, subir a ...