Saltar ao contido principal

Dobre Travesía Courel

Hai tempo que tiña na cabeza facer unha ruta de dous días, con durmida incluida, na serra do Courel.

Subir un día por un lado das montañas e baixar polo contrario, e o día seguinte a inversa para voltar ao punto de partida. Unha travesía cada día.

Vista do Km vertical do Courel

Carreiros hainos. O caso era buscar os máis interesantes para percorrer esta fermosa zona.
Outra cousa que tiña na cabeza, máis ben curiosidade, era o kilómetro vertical. Dende Ferreirós ata Penaboa. Non son moito de retos físicos, pero seica é a única subida desas carácteristicas en Galicia.


Folgoso

Un km vertical é unha subida de mil metros de altura dentro dunha distancia de cinco kilómetros. Xa fixera algúns nos Picos de Europa. Hai que estar algo en forma, pero non son inalcanzables. O meritorio é facelos rápido ou varios seguidos.
Así que, reunindo amig@s e decidindo data, animámonos a sacar as dúas espiñas nunha mesma fin de semana.

Primeiro espolón do Km

A idea era partir de Ferreirós de Abaixo, subir a serra, e baixar pola lagoa de Lucenza ata Vieiros para facer noite. O retorno, subindo pola pista do Muin ata Formigueiros, baixar pola súa arista ata o carreiro da Devesa de Rogueira, e de ahi ata o miradoiro de Polín para deixarnos caer por pistas outra vez ata Ferreirós.


Penaboa ao fondo

Penaboa dende o punto de partida parece un espolón impoñente, e non deixa de parecelo ata que se empeza a subir ou case trepar o derradeiro tramo.

Derradeiro tramo
Dende ahi, un balcón magnífico para ver o val do rio Lor, dende Folgoso ata Ferreirós, que queda metido xusto debaixo.
Vista dende o miradoiro

Pero para facer os 1000m, hai que chegar ata un dos cumios do Pia Paxaro. Onde hai vistas do lado sur da serra, puidendo ver Monforte. 

Derradeiros metros de Pia Paxaro

Polos datos do móvil, non chega a ser un Km vertical, porque sobrepasa por uns metros os 5km. Pero tanto ten. É ben bonito e é un aliciente para ver estas zonas.

Fin do Km vertical
Dende o Pia Paxaro, Penaboa xa non é imponente, é unha pequena loma con moi pouca prominencia. Como cambia a cousa según o punto de vista.
Pia Paxaro dende as antenas

Ainda quedan patentes os restos dos terribles incendios de hai dous anos. O peor o levou a parte de Froxán. Pero no km vertical sobre Ferreirós queda buxo ou piorno queimado. E no Pia Paxaro hai esqueletes de arbores.

Penaboa dende o Pia Paxaro

As partes altas da serra son todo pistas. Percorrense rápido e con vistas a ambos lados. Pero fanse algo monótonas e a persoa que camiñe está exposta a sol e vento.

Restos do incendio
As vistas dos montes do Courel son fermosas e variadas. Superada a zona afectada polo incendio, as cores son chillonas, verde primaveral dos bosques, colinas tinguidas de violeta e amarelo dos matorrais.
Baixando a Campa de Lucenza

Baixando polo carreiro que leva dende as partes altas (Campa de Lucenza) ata a Seara, que pasa pola lagoa de Lucenza, imos introducindonos cada vez máis no bosque. 

Lagoa de Lucenza

A lagoa está tan indicada que calqueira diría que imos atopar unha cunca de auga turquesa. Ten moito valor, é das poucas glaciares, pero non é idilica porque semella máis pantano de bichos.

Aquí nace o rio Selmo. Que pasa por Seara e Vieiros, para marcharse ao Bierzo e rematar no Sil.

Pasamos pola fervenza do Fócaro. que está preciosa con toda a auga que caeu este inverno e primavera.

Fervenza do Focaro

Na Seara, malas novas, confirmamos que pechou o mesón - pensión Carrete. Era un sitio maravilloso.
A Seara

De feito, a idea orixinal non era durmir en Vieiros, era durmir na Seara. Pero os donos xubilaronse. E o albergue da federación galega de montañismo está en reparacións.

As Tecedoiras
Pero non hai mal que por ben non veña, gracias a eso descubrimos a casa "A Tecedora" en Vieiros. 
Vieiros
Aloxamento super agradable e  a xente que o leva deunos todo facilidades para pasar alí a nosa noite de travesía. Lugar para repetir, pero toda a fin de semana.

O domingo, toca reponerse das cervexas e comilona que nos repuxeron da caminata do sábado. E voltar a darlle aos pes.


Subida a Formigueiros

Subimos entre a névoa ata as partes altas. Por sorte, queda atrancada a altura do Papoulas, e non nos estropea as vistas no Formigueiros.

Teso das Papoulas dende a pista

A baixada pola arista resulta algo dificultosa ao principio, porque ten un pequeno destrepe, algo máis complicado por estar enlamado.

Inicio do descenso pola arista

Pero as vistas que temos da Devesa de Rogueira durante toda a baixada compensan todo. Que cousas máis bonita.

Arista

Ao rematar o tramo superior da arista, que corta co sendero da Devesa de Rogueira, collemos este último. 


Pista alternativa dende a arista

Seica a arista continúa no seu tramo inferior ata Moreda. Queda para outra.
Baixada coa Devesa de Rogueira ao frente
De Rogueira nada novo podo dicir, dos bosques máis fermosos que coñezo, dos que máis visitei, e ao que lle teño máis cariño.
Devesa

Tras pasar pola fonte de tres cores do Cervo, saimos da frondosidade para ir por pista ata o pico Polín. 

Aquí se nota outra vez os efectos do incendio. Non chegou a Devesa por ben pouco.

Dende Polín vese toda a cunca que xera o Formigueiros, a arista que percorremos, Moreda e Pereda.
Formigueiros dende Polín

A baixada ata Ferreirós comeza cun cortalumes terrible, non ten moita vista e faise bastante pesado. 


Despóis, tras pasar o desvío a Pereda, a cousa mellora. E a baixada final é ben fermosa, vendo en todo momento cara abaixo Ferreirós de Arriba. 

Penaboa e Ferreirós

Recoñécese todo o percorrido do Km vertical que fixemos o día anterior. Penaboa volta a estar imponente.

Vista da etapa de onte

O bar o Pontón estaba aberto, e a pesar de que merece a pena porque é precioso, imos a terraza do bar O Mirador en Folgoso, para festexar o fin da pequena aventura. 

Val do Lor

Facendo cousas

Fin. Contento de levar a práctica a idea de outra forma de percorrer o Courel.

Para quen estea interesad@, Track da ruta aquí

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.