Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2024

Peña Trevinca

  Fotos da ascensión ao cumio de Galicia.   Saida dende Vilanova, onde está o aloxamento o Triskel (que está moi ben, recomendoo).  Subida polas pistas do Maluro, que non son especialmente chulas, pero teñen boas vistas a medida que se vai gañando altura.  Tras pasar esta pequena elevación ven unha especie de cresteo moi bonito, e despois, xa no alto, pódese acceder sen problemas a Peña Trevinca.  Alí arriba hai moito vento, tanto que non da aguantado a cruz que puxeron. Imaxino que non vale a pena erguela de novo.  A baixada, polo pico Sestil, moito máis fermosa porque é entre bosques e regos, ten moita máis variedade que a subida.

Barcos e guindastres do Porto de Vigo

  Gustame moito camiñar polos peiraos de Beiramar e ver os barcos de altura.  Quédame máis ou menos preto de casa. Cando paso por ahi, moitas veces atopo imaxes que me chaman a atención.  Antes coa cámara, cando a levaba enriba por si veia algo chamativo ao ir ou voltar de traballar, aproveitaba para sacar fermosos solpores nubrados.  Sobre todo en inverno.  Agora fago parecido co movil, ainda que non é o mesmo.  Alguna destas fotos está feita co Xiaomi.  Outras veces vou dar un paseo coa miña nai e se paso por casa tento coller a reflex.  Hai moitas cousas que me chaman a atención.  Os mellores días son os que está a piques de chover, ou que xa choveu.  As formas das nubes están moi definidas.  E os reflexos nos charcos dan moito xogo.  Non é a primeira entrada que fago sobre o porto e as guindastres.  E igual tampouco é a derradeira.