Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2025

La Cueta

  Este é o pobo máis alto de Castilla.  Eso teño entendido.  Esta colección de fotos foi do día en que queríamos subir a Peña Orniz.  Pódese acceder dende Somiedo, pero é máis sinxelo dende León. O camiño vai bordeando Asturias e Castilla. Dende o cumio hai unhas vistas ben chulas das Ubiñas e do parque.  Pero tocou dia moi malo, así que houbo que abortar cumio (total, para non ver nada) Ainda así a excursión gustoume moito, porque a nevoa e as nubes sempre fan especiales todos os escenarios.  E nas fotos quedan moi ben.

A Guarda - Oia

  Fotos de unha pequena escapadiña pola costa de Oia e A Guarda. En inverno e con choiva. Esta zona paréceme moi bonita. Ainda que o tempo non acompañou. A Leica sempre lle da un algo as fotos. Igual solo é algo que está na miña cabeza, a saber.

Jaume Plensa

  Exposición do artista en Madrid, entre 2024 e parte do 2025.  Materia interior. Ainda que se saiba de arte ou non (como é o meu caso), penso que estas obras transmiten.  Gustoume moito o estilo, e a iluminación, que realzaba parte das figuras, e outras mantiñanas na penumbra.  Nunca fixera unha entrada dunha exposición, pero esta a verdade que me chamou a atención.  Probablemente as fotos non representen nin estean a altura da obra de Plensa, pero gustanme como quedaron. Todas as fotos desta entrada foron feitas coa Ricoh GRIIIx

Retratos mamá

  A miña nai fagolle moitas fotos.  Moitas.  Gustame aproveitar os paseos que dou con ela.  E o que, sendo a cousa como é, se pode compartir.  Sigo vendoa fotoxenica.  As suas miradas as veces poden expresar desorientación.  Ou despiste.  Ou as dúas. Pero ten uns ollos que sempre desprenden bondade.  Eso de sempre. Eso nunca se vai.