Un día destes grises de outono, que chove, que o vento move todas as follas caidas e as xunta en montóns que cubren toda a beirarrúa, que non hai nin dios polas rúas. Camiñando de volta a casa, de súpeto aparecen túneles de follas e árbores que, a pesar do mal tempo, gosto de atravesar. Non pretendo poñerme profundo nin intenso, pero é certo que incluso nos días teóricamente feos aparecen cousas fermosas. Qué necesarias son as árbores nas vilas.
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".