Saltar ao contido principal

Publicacións

Terra de Trives

Imaxes de Manzaneda, Ponte Navea e Chandrexa. Pleno inverno e sen follas, pero os bosques e as paisaxes da Terra de Trives e contorna non deixan de ser fermosos en ninguna época do ano. Ponte Navea Avistando o horizonte Courel dende Trives cores após queimar Névoa en Manzaneda Desolación Amencer Lugareño O bo Ar Campos fríos Chandrexa Materno

Primavera escura

  A primavera no Courel é unha explosión de cores. Se ben non chega a variedade e espectacularidade do outono, as montañas e ladeiras cubrense cun mantos amarelos e violetas polas flores de uzes e xestas, que mesturados entre os diferentes tonos de verde xeran unha fermosa policromía. Primavera escura   … todo esto ocorre sempre que a luz chegue. Porque nas montañas do Courel sempre cabe a posibilidade de que as nubes queden atrancadas e cubran toda esta mestura de cores cunha intensa névoa. Estes días, so de cando en vez algún raio de luz se cola entre cumios e nubes para iluminar as ladeiras. E a primavera resulta igualmente fermosa, ainda que sexa escura. Agochado na néboa Vista dende Penaboa Lagoa de Lucenza Devesa de Rogueira Pia Paxaro Atain Descanso Dentro da Devesa Ladeiras de cores Verde bosque Val da néboa Uzes en flor Castelo Flor sen luz Camiños

Contorna de Cabo Estai

  Cabo Estai, en San Miguel de Oia de Vigo, é dos recunchos máis afastados e solitarios da area do Concello. É das poucas zonas litorais no municipio onde o mar comportase como mar, e o vento arrecia e as ondas rachan con forza nas rochas. Quizáis por eso parece tan desanxelado. Como en tantas e tantas ocasións en Vigo, no pasado e no presente, Cabo Estai está estrepitosamente desaproveitado, ou en proceso de estragarse. A desafortunada ubicación do Instituto Oceanográfico, sobre as propias rochas do cabo, cun alto muro de formigón, dificulta o aceso ao Faro. Ademáis, hai que sumarlle os casoplóns-bunker a pé de costa, de dubidoso gusto, que rodean e incluso dificultan chegar as diferentes calas e rochas do cabo.  Non queda ahí a cousa, O Faro, o único elemento construido polo home que aporta encanto en Cabo Estai, ten o aceso restrinxido, xa que está dentro da zona da autoridade portuaria. Realmente o de “Abrir Vigo ao Mar” é unha broma ou unha burla. Este recuncho que poderí...

Entre as rochas de Cabo Estai

Soidade en Cabo Estai   Lusco e fusco Entre as rochas de Cabo Estai O Barco e a baliza A mellor vista das Cíes Auga atrapada Gosto ir de cando en vez a Cabo Estai, a pesar de quedar tan afastado, para mergullarme nos seu abandono temporal e gozar das súas paisaxes. Cabo Estai ten probablemente o mellor solpor de Vigo, e a mellor vista das Cíes. Ten un miradoiro natural das ondas rachando, que nos días de vento resulta hipnótico. Único na vila. Baixar as rochas cando o sol está a caer é gozar de fermosos contraluces das ondas e as rochas coa silueta das cies e as diferentes embarcacións de fondo.

O Faro e a furna

  A furna de Cabo Estai Solpor agochado Faro no lusco e fusco Espectadoras do solpor Derradeiras luces na herba A entrada da furna A pequena furna do faro, que protexe do vento que arrecia en Cabo Estai, ten unha pequena caliña entre rochas, cuia existencia depende das mareas. Saindo da praia, chegando ao carreiro que se adiviña dificultosamente entre herbas, xuncos e silveiras, sentimonos envoltos polas paredes da furna. Neste lugar hai un punto con perspectiva máxica, onde se detén o tempo.  No intre do día en que a luz diminúe, cando coinciden as cores verdes das herbas marinas, o branco das ondas, os calidos tonos do solpor na area, o escuro das rochas molladas, onde rachan as ondas sen descanso, as Illas Cíes dun lado, Monteferro do outro, as nubes e os raios do Sol despedindo o día, o abrazo das paredes da furna e o faro governando a escena dende unha esquina elevada. Esa explosión de cores e figuras é o máis fermoso de Cabo Estai.  E quizáis de Vigo, aínda que de t...

Budiño

 O faro de Budiño non ten máis altura que outros montes da zona, pero a súa espida prominencia fai que se teña a sensación de rañar o ceo mentres se camiña entre estas moles rochosas. É famosa polas súas paredes e vías de escalada. Pero, ademáis deso, ten moi boas vistas da contorna, e bosques e regos  ben fermosos nas súas inmediacións.