Saltar ao contido principal

Publicacións

Somiedo

 Imáxes tomadas durante unha travesia de tres días polo parque de Somiedo. Partindo de La Cueta (Babia) e chegando ao bosque de faias de Montegrande.  Somiedo Peña Orniz Fontes do Sil O Rebaño e os gardiáns Solpor tras Picos Blancos Descanso baixo Peña Orniz Lago del Valle Saliencia Asturias Bosque de Montegrande Ondas de Cumios Imaxes tomadas durante a unha espectacular e orixinal ruta de tres días e dúas noites con vivac, realizada con three mountains . Pasando por lugares tan fermosos como Peña Orniz, Alto Sil, Lagos del valle e Saliencia, Farrapona, a fervenza do Xiblu e o bosque de Montegrande.  Camiño a Majada

Torre de Hércules

 Paseo na contorna da Torre de Hércules, en Coruña. Durante un breve intervalo de tempo tiven unha Leica XU (Typ 240). Revendina ao pouco de tela, porque me pareceu que non era moi cómoda para ser mergullable, e que non era moi "leica" no resultado das fotos.  A ver, que non estaba mal, pero como cámara de "acción" non me convenceu. Necesita de dúas máns para usala, e sobre todo a calidade, o enfoque, e o rango dinámico non me pareceron maravillosos. Preferín seguir coa miña pequena Nikon AW130 para paseos en bici e diluvios, e a miña apreciada Olympus M5 Mkii para montaña, tendo coidado de protexela da auga. Un dos días que empreguei esta cámara foi nun paseo familiar polo norte, na Coruña. Non chovía pero estaba un ceo típico da zona, cuberto de nubes definidas. A verdade é que nestas condicións portouse bastante ben.

Anillo de Picos VII. Vegarredonda - Soto de Sajambre

Etapa que ten de todo: vistas, alta montaña, prados, caliza, jous, e un bosque de conto. Dende o refuxio de Vegarredonda súbese ata bordear o Porru Bolu, que ten unha impoñente parede norte. A ascensión contínua permítenos ver os lagos de Covadonga, un mar de nubes, e (esta vez si) as montañas boscosas de Ponga e Redes, dende a collada de Merines. Porru Bolu Rebeco entre os jous Vistas dende Collada Merina Camiñando vendo Redes e Ponga A partir de collada Merina, o traxecto é montañoso, escarpado e por momentos lunar. Moi carácterisitico de  Picos , a caliza e os seus jous. Pasamos por fuente prieta e rematamos na extensa pradera que é Vega Huerta. Os rebecos observannos dende a distancia. Estamos ao pé da cara sur de Peña Santa. Esta parede ten 500m de alto, e goberna todos os prados Refuxio de Peña Santa A partir de Vega Huerta, solo queda continuar polo collado del Burro e baixar pola canal de Perros ata chegar aos collados de Frade. Aquí voltamos a ese bosque encantado de Vegab...

Porto

Fotos das veciñas Porto e Gaia.   Espello onde mirarnos.