Saltar ao contido principal

Publicacións

Passaran. Etapa 2. Eylie - Araign

Segunda etapa da travesía Passaran Lac d'Araign Salida dende as pequenas cabanas mineiras de Eylie, cruza, igual que a primeira etapa, bosques de faias e instalacións mineiras francesas da parte dos Pirineos de Ariège. Subida ao Col d'Araign Continúa en subida constante ata o Col de Araign.  Entre as instalacións mineiras. Maubere ao fondo Eylie Dende este collado podese ver o lago do mesmo nome, e o refuxio onde imos durmir, que tamén se chama igual. Val Ariege Enriba está o Crebere, unha gran mole que non subimos porque xa nos chegou a etapa, supuña bastante desnivel adicional, e facía moita calor.  Vista dende Pic de l'Har Por ter sinceridade, as cervexas na terraza do refuxio chamaron máis que a subida coa calor Lago e Crabere Pic de l'Har O que si subimos foi o Pic de l'Har, máis asequible dende o collado. Ten boas vistas tanto do lago e Crebere como da parte de Ariege, e os montes fronterizos co Val de Aran como o Mauberne Refuxio Araign Máis entradas do Passa...

Passaran. Etapa1. Mont Valier - Eylie

 Etapa 1 do Passaran Imaxes da primeira etapa da travesía de montaña, que transcorre entre o Val D'Aran e o Pirineo francés de Ariège. Parte do refuxio de Mont Valier, e chega ata as pequenas cabanas de Eylie. Baixada a Eylie A etapa é dura, ten moito desnivel de subida e baixada, e atravesa bosques de faias e dous fermosos collados, o Clot du Lac e o Col de Larech. Camiño a Larech Ningún dos dous é un paso complicado, pero suman moito desnivel e fan unha etapa longa Bosques de faias Clot du Lac Vallier Lourdes (camiño ao refuxio de Vallier) Máis entradas do Passaran Aquí

Tayrona

 Antes de vir aquí, imaxinaba Tayrona como un conxunto de praias onde Shakira ia tomar o sol. Si que hai moitas praias, e ben fermosas, moitas delas virxes ou semivirxes. Pero o parque non é solo costero. Arredor da praia hai selva tropical, con só un par de camiños para cruzalas, onde se pode atopar dende serpes, arañas, monos aulladores e incluso quedan algunas tribus indixenas que continúan co modo de vida tradicional. Estas fotos foron feitas durante unha ruta de dous días, comezando en Calabazo e rematando en Zaino, durmindo en Playa Brava.  Bueno, realmente non foi ese o traxecto, porque en Calabazo contratamos motos que levan ata a fin da pista, aforrando a subida ata a cima de Tayrona, e collendo bus na Via dos arrecifes para que nos levara a Zaino. Os carreiros pola selva son preciosos. Máis para alguén coma min que non está moi acostumado a camiñar pola selva. Tanta humidade e tanta frondosidade impresiona.  A praia de Playa Brava é preciosa. Non é a mellor para...

Gilbo e Yordas

  Penso que son os picos máis carácteristicos dos montes de Riaño. Xa hai varias entradas destas montañas no blog. Pero como sempre atopo cousas que me parecen interesantes, xunteinos en outra máis. Igual non é a derradeira... Baixada do Gilbo Encoro de Riaño entre a brétema Vistas dende o Gilbo Yordas Espigüete dende o Gilbo

Ciudad Perdida Teyuna

  Fotos do acceso e visita a  Ciudad   Perdida  Teyuna (Colombia) Consiste nunha serie de plataformas circulares (máis de 140), situadas no medio da selva da Serra Nevada, onde se asentaron as tribus Teyuna. Nas plataformas construían as súas vivendas en madeira e Arcilla (obviamente non queda nada delas) Chegaron a vivir ata 2000 habitantes.  Máis entradas de Colombia  Aquí Amencer Considerase o Machu Pichu colombiano, aínda que é bastante máis antigo, e bastante máis grande que o asentamento peruano. Foi descuberta sobre 1976, e Ainda quedan partes da cidade por explorar. Sempre tiven ganas de realizar este "trekking". Dende que escoitara a Jon Sistiaga na radio falando del. Pasaron anos dende que souben da ruta, e probablemente agora sexa máis doada e esté máis explotada. Construíronse pontes e agrandaronse carreiros. Pero a dificultade segue sendo a mesma, máis que o desnivel acumulado (que o ten) as condicions de humidade e calor, que fan perder moita ...