Saltar ao contido principal

Publicacións

Bosques de Villablino

  Esta poboación de León é máis coñecida pola antiga tradición mineira. E polas montañas e estacións de esquí que ten ao redor. Pero tamén ten uns bosques moi fermosos e ricos en especies. Da gusto percorrelos en outono.

Alto da Bandeira

  Este sitio de Saians é un dos meus preferidos dos montes de Coruxo.  E tamén de toda a contorna de todo Vigo. Dende esta atalaia podese ver en vista aerea a peninsula de Monteferro, as Cíes, Baiona, a serra da Grova...  Ainda que de cando en vez sae algún piñeiro ou eucalipto que fastidia as vistas.  O solpor dende este lugar é precioso.  Case sempre que vou dar unha volta por estes montes paso por aqui.  As veces está o ceo fermosisimo. Outras non tanto. Pero sempre paga a  pena a subida.

Albarracín

  Hai un par de anos fun de viaxe en familia a este pequeno pobo de Aragón.  Pequeno pero ben coñecido. E con xustiza, porque me pareceu moi bonito.  Non fumos nunha época do ano de moita masificación. Así que non sei como se pone en temporada alta.  Porque moitos destos pobos con tanto encanto as veces acaban convertidos en parques temáticos.  Agardo que a pesar de ser un fermosisimo escenario medieval, os seus barrios e veciñanza non sufran a xentrificación.  Nos arredores hai castelos e múltiples miradoiros onde se poden ver buitres.  E bosques de piñeiros que non teñen fin.  A verdade é que me gustou moito.