Saltar ao contido principal

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá.




Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre.

Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados.


Bembrive

(O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso)






Eifonso
(pasa por enriba do rego e próximo aos muiños)





Beade - Relfas
(pasa por enriba, dividirá os campos en 2)




Beade - Saa
(pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa)






Beade - baixo instituto 
(Neste tramo será vial soterrado)






Castrelos - Barxa
(pasa próximo ao rego, quedará ao lado do cruce entre o vial Clara Campoamor e a OP 010)





Matamá - Devesa
(pasa por enriba do rego, supostamente nun viaducto)








Matamá 
(Vial soterrado)





Pereiró
(Pasa por enriba, ata chegar a STELLANTIS)





Rego Barxa 
(a uns centos de metros, sen estudios de como pode afectar)


A miña intención é, dunha banda, reflexar o que se vai estragar, xa que non se fixo estudio de impacto ambiental nin paisaxístico. E doutra banda, deixar imaxes da lembranza do que xa non existirá, ou se verá sustancialmente alterado.

Antes de lanzar as máquinas excavadoras a destrozar o patrimonio natural, paisaxístico e veciñal da cidade, compre preguntarse se realmente é imprescindible este vial.

As macroinfraestructuras que consisten en reforzar os viais para resolver os atascos, poden rematar xerando máis embotellamientos, xa que supoñen un aliciente para desplazarse en vehículo privado. Actualmente hai varias circunvalacións da cidade, pero máis afastadas. Deberían chegar, xa que o seu obxectivo está cumplido: xa non circulan camións pola cidade. Penso que, antes de planexar este tipo de viais, compre explorar medidas que faciliten o transporte sen coche. É dicir, reducir os atascos da forma máis práctica: reducindo o tráfico. O medio ambiente e os nosos pulmóns agradeceríano. Vigo é a cidade con máis coches por habitante do país. Medidas como a construcción desta estrada non axudan a revertir esta tendencia.

Os lugares especiales son os que crean a identidade dunha cidade. Eses recunchos singulares que se teñen, ou non se teñen. Unha cidade fermosa debería coidar estes espazos. Mantelos. Poñelos en valor. Ou, como mínimo, non esnaquizalos. Máis ainda si se trata de bosques, xa que son o pulmón da vila. E se hai que arrasalos, que sexa por motivos absolutamente imprescindibles. Penso que este vial non o é.

Pode ser que as zonas que definin non sexan as exactas do trazado (fixeno a partir de imaxes de internet basadas no PXOM). Pero penso que esta inexactitude non ten relevancia. Unha estrada de catro carris provoca un impacto tan grande, que abofé; vai cambiar para sempre todos os recunchos aquí reflexados. Da igual que vaian ser completamente sustituidos polo asfalto, que queden baixo unha ponte, que queden a beira da estrada, ou que o vial pase soterrado nun túnel por embaixo, xa que nin se estudou se afecta aos acuíferos subterráneos.

Cedo todos os dereitos de reproducción das imaxes desta entrada, sempre que a finalidade do seu uso sexa reivindicar a paralización da construcción deste vial, ou informar sobre a desfeita.



Publicacións populares deste blog

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Dous Outonos

Outono no Forillon, outono no Courel. Arces, bidueiros "de papel", abetos, carballos boreais, etc... por un lado; castiñeiros, carballos bravos, bidueiros "pubescentes",  faias, etc... polo outro. Bosque costeiro canadiense, bosque autóctono galego. A pesar das diferencias, o outono nos dous bosques é moi parecido: explosión de cores, luz entre as polas, auga, alfombras de follas… Iso sí; Un é Parque Nacional, o outro nin parque natural...  Por eiquí somosche así. As copas d o bosque do Courel - Devesa de Rogueira - As copas do bosque do Forillon - Cap Bon Ami -   Fervenza escondida no Forillon Néboa escondida do Rio Lor Mirar arriba no Forillon Mirar arriba no Courel Simbolo de Canadá Simbolo de Folgoso Parc National Forillon, Gaspésie, Québec Folgoso do Courel/Quiroga. Reserva da Rede Natura 2000

Azores. Terceira 1

Illa de bosques, cantís, cavidades, carreiros, grotas, vacas, prados multicor, miradoiros… e volcáns Isla de bosques, acantilados, cavidades, senderos, grutas, vacas, prados multicolor, miradores… y volcanes, claro. Algar do Calvao. Entrada superior Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 15mm 1/250s f/6.3 ISO160   Algar do Calvao. Luz de fora. Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/100s f/3.2 ISO320   Cantís de Quatro Ribeiras BQ Aquaris X. Modo panorámica Vento Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/250s f/11 ISO125   Fronte o mar Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 28mm 1/250s f/11 ISO125   Bastón Nikon D7000. Nikkor 85mm f/1.8. 85mm 1/3200s f/2 ISO125   Prados de Terceira Nikon D7000. Nikkor 85mm f/1.8. 85mm 1/8000s f/2 ISO100 Cova do Natal Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/25s f/2.8 ISO250 Miradoiro da Sarreta Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 34mm 1/160s f/11 ISO125 Nube...