Saltar ao contido principal

Publicacións

Algarve

A pesar da saturación, os destinos turísticos máis multitudinarios tamén teñen o seu encanto... Iso si, fora de temporada e fora de hora punta. Sempre hai algún rincón. Neses momentos, incluso nos lugares máis concurridos do Algarve; pódese admirar, case con exclusividade, a costa que conquistaron hai séculos os árabes para darlle o seu nome, e que agora conquistou o exército de sombrillas, tumbonas e toallas para darlle a súa fama. Baixada a praia do  Camilo Tavira Beliche Punta Piedade Telheiro Pequeno intre de soidade

Laugavegur (II)

… E dous. Como nesta andaina hai tantas paisaxes diferentes, a miña neurona no foi quen de facer selección para unha única publicación, así que repartín as fotos en dúas. Non teño moito máis que engadir que non dixera na primeira entrega . Esta segunda parte contén  fotografías das dúas derradeiras xornadas: dende o refuxio do lago Alftavatn ata Þórsmörk ( Thorsmork ). Neste percorrido pódese camiñar entre volcans verdes fosforitos, desertos de area negra, ou asomarse ao vacío de inmensos cañóns. O espello do lago Alftavatn O cono do Volcán Stórasúla As estradas F Deserto Maelifellssandur Cañón Markarfljótgljúfur . Enriba das nubes Cañón Markarfljótgljúfur . Cando a natureza fai que te sintas pequeno

Noite Meiga

San Xoan. Cacharelas, herbas, viño e sardiñas...  ... Mouchos, coruxos, sapos e bruxas.

Laugavegur (I)

Laugavegur significa algo así como "camiño da auga termal". Parece ser que foi a ruta que tomaron no século XV algúns islandeses da costa para escapar da peste negra; dende o sur en Skogar ata as terras altas, en Landmannalaugar (*) Está considerado uns dos trekkings máis espectaculares do mundo. É unha andaina que sería longa de describir, así que agardo que o fagan as fotos. Fotos que, por certo,  son das máis fermosas que teño sacado; ao mesmo tempo que das que menos mérito teñen. Agás o de ter estado alí.(**) Nós tivemos moita sorte en dous aspectos. O primeiro: A climatoloxía, que no Laugavegur pode dificultar o camiño e ocultar as paisaxes. E o segundo: O guía, que aproveitou o bo tempo para facer algunha alternativa ao trazado orixinal. Isto fixonos  sentir todavía máis pequen@s e afastad@s do mundo que percorrendo a propia ruta. (***) 1 - "Colinas de Landmannalaugar" 2 -"As cores de Landmannalaugar" 3 - "Camiñando entre...

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Néboa

A Néboa... Tan falsa como fermosa; tan fotoxénica como esquiva. Cavalos na névoa Rumorosos escondidos Galiñeiro asomando Néboa

Non solpor na Fonte

Unha tarde de primavera acerqueime ata a praia do Tombo do Gato (A Fonte). Quería sacar ese solpor de nubes vermellas que temos a sorte de ver tantas tardes dende este lado da Ria. Non tiven sorte. Cando o Sol comezaba a acercarse ao mar, unhas nubes moi gordas puxeronse enriba do oceano e fixeron que no lusco e fusco apenas se diferenciase entre unha cousa e a outra. Ao mal tempo boa cara. Fixeime entón nas rochas da praia: As flores que saen entre elas, as algas verdes fosforito que as cubren, a marea que as rodea... Detalles aos que non lles  faría nin caso de estar presente o solpor. Sean Penn, interpretando un fotógrafo de mirada profunda e voz ronca, nunha peli que non lembro o nome, dixo: "As cousas fermosas non buscan chamar a atención"  Pois eso. Algas O penedo do Tombo do Gato Capas de rochas e frores Entre o ceo e  o mar Verde alga

B/N parcial

   Hai Imaxes nas que chega cu nha soa cor.  Cando es a cor é repres esntativ a dabondo , o resto están de máis.   Para iso temos o blanco e negro parcial Os redeiros Celestes Vermello Canadá Azul Santorini Amarelo New York Azul Iceberg Verde Vitrasa Outro Azul Iceberg