Saltar ao contido principal

Publicacións

Dous Outonos

Outono no Forillon, outono no Courel. Arces, bidueiros "de papel", abetos, carballos boreais, etc... por un lado; castiñeiros, carballos bravos, bidueiros "pubescentes",  faias, etc... polo outro. Bosque costeiro canadiense, bosque autóctono galego. A pesar das diferencias, o outono nos dous bosques é moi parecido: explosión de cores, luz entre as polas, auga, alfombras de follas… Iso sí; Un é Parque Nacional, o outro nin parque natural...  Por eiquí somosche así. As copas d o bosque do Courel - Devesa de Rogueira - As copas do bosque do Forillon - Cap Bon Ami -   Fervenza escondida no Forillon Néboa escondida do Rio Lor Mirar arriba no Forillon Mirar arriba no Courel Simbolo de Canadá Simbolo de Folgoso Parc National Forillon, Gaspésie, Québec Folgoso do Courel/Quiroga. Reserva da Rede Natura 2000

A alba do 27 de Setembro

“Presiento que tras la noche Vendrá la noche más larga Quiero que no me abandones Amor mío, al alba” (*)   "A impotencia dende fora" O que se esquece pode repetirse. En memoria de Humberto Baena, asesinado polo franquismo o 27 de Setembro de 1975, condeado nun xuizo sen garantías, no que non se admitiron probas que o exculparían dun crime que non cometeu. Homenaxe a súa xente. Aos que o réxime llelo arrebatou. (*) Luis Eduardo Aute "Al Alba" , inda que por aquela época era interpretada por  Rosa León

Cabo de Gata

As cores do seco As cores da praia dos mortos Calas Rodalquilar Agaves Genoveses A pedra e a Lúa Camiño a praia da meia lua   Amencer no peñon branco Ladeiras douradas   Vermella Mirador Amatista Para sorprenderse nunha viaxe compre deixarse engaiolar. En Cabo de Gata é sinxelo. Pode que as súas praias non teñan a area  fina e dourada, pero teñen contrastes igual de espectaculares que no norte. A beleza do seco. Recomendaría este afastado e (cada vez menos) illado lugar incluso aos que se deixan cegar polas comparacións. Iso si, non a 40º. Non pasara tanta calor na vida.  Esaxerando un pouco, e por por poñer unha cita (que sempre lle da un aquel), penso que ben podería parafrasear o título dunha expo que visitamos uns días despois:  "I have been to hell and back. And let me tell you, it was wonderfull"* *Louise Bourgeois, Museo Picasso, Málaga, vran 2015. ...

Algarve

A pesar da saturación, os destinos turísticos máis multitudinarios tamén teñen o seu encanto... Iso si, fora de temporada e fora de hora punta. Sempre hai algún rincón. Neses momentos, incluso nos lugares máis concurridos do Algarve; pódese admirar, case con exclusividade, a costa que conquistaron hai séculos os árabes para darlle o seu nome, e que agora conquistou o exército de sombrillas, tumbonas e toallas para darlle a súa fama. Baixada a praia do  Camilo Tavira Beliche Punta Piedade Telheiro Pequeno intre de soidade

Laugavegur (II)

… E dous. Como nesta andaina hai tantas paisaxes diferentes, a miña neurona no foi quen de facer selección para unha única publicación, así que repartín as fotos en dúas. Non teño moito máis que engadir que non dixera na primeira entrega . Esta segunda parte contén  fotografías das dúas derradeiras xornadas: dende o refuxio do lago Alftavatn ata Þórsmörk ( Thorsmork ). Neste percorrido pódese camiñar entre volcans verdes fosforitos, desertos de area negra, ou asomarse ao vacío de inmensos cañóns. O espello do lago Alftavatn O cono do Volcán Stórasúla As estradas F Deserto Maelifellssandur Cañón Markarfljótgljúfur . Enriba das nubes Cañón Markarfljótgljúfur . Cando a natureza fai que te sintas pequeno

Noite Meiga

San Xoan. Cacharelas, herbas, viño e sardiñas...  ... Mouchos, coruxos, sapos e bruxas.

Laugavegur (I)

Laugavegur significa algo así como "camiño da auga termal". Parece ser que foi a ruta que tomaron no século XV algúns islandeses da costa para escapar da peste negra; dende o sur en Skogar ata as terras altas, en Landmannalaugar (*) Está considerado uns dos trekkings máis espectaculares do mundo. É unha andaina que sería longa de describir, así que agardo que o fagan as fotos. Fotos que, por certo,  son das máis fermosas que teño sacado; ao mesmo tempo que das que menos mérito teñen. Agás o de ter estado alí.(**) Nós tivemos moita sorte en dous aspectos. O primeiro: A climatoloxía, que no Laugavegur pode dificultar o camiño e ocultar as paisaxes. E o segundo: O guía, que aproveitou o bo tempo para facer algunha alternativa ao trazado orixinal. Isto fixonos  sentir todavía máis pequen@s e afastad@s do mundo que percorrendo a propia ruta. (***) 1 - "Colinas de Landmannalaugar" 2 -"As cores de Landmannalaugar" 3 - "Camiñando entre...

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...