Saltar ao contido principal

Publicacións

A Fada e o Dragón

Se hai algo do que podemos presumir en Vigo é dos nosos atlánticos Solpores. A orientación da cidade e as nubes que adoitan acompañarnos fai que moitas tardes pague a pena pararse a mirar o ceo. Un bo sitio para observalos é o Paseo de Alfonso XII. A primeira espectadora é esa fada ao lombo do dragón, que seica pretende sobrevoar as ondas do mar da ría pero que nunca chega a facelo. Hacia o Solpor A fada e o Dragón Ceo Ocaso Baixo as nubes Viaxe eterna cara o Solpor. Solpor (2) Treboada

Sicilia

​ Sicilia é unha viaxe aproveitada. Costa mediterránea, volcán de moitas cores, templos, caos, peñóns, fortalezas, historia, personalidade, calas de augas turquesas, olivos, cantís, gastronomía, campos dourados de trigo, pobos turisticos e pobos con encanto …   Metade África, metade Europa. ​ Templo entre o trigo - Segesta - ​ ​ Peñón escondido   - Monte Cofano dende Erice - Templo da concordia - Valle dei Templi ,  Agrigento - -   As cores da Costa - Reserva dello Zingaro - ​ Cantís Brancos - Scala dei Turchi - O sol ás costas - Scala dei Turchi - Castelos entre a nevoa - Erice - - San Vito lo Capo - - Etna -     - Scala dei Turchi - Chamando a Dionisio - Siracusa -

Saiáns

A derradeira praia de Vigo. Muiños de Fortiñón. Famosa pola forza das súas ondas. Colonizada polo feismo. Inda así, dándolle as costas as casas, a paisaxe é espectacular. As súas rochas esconden moreas de postáis grazas a cantidade de pedras, algas, charquiños, a insistencia do mar e As Cíes presidindo o fondo. As fotos están feitas en Decembro. Neste mes o solpor visto en Saiáns escápase por Monteferro. Haberá que voltar no vran, cando o Sol despidese no medio e medio das illas Cíes O abrazo das ondas Lagoas agochadas de Saiáns Horizonte Dous por dous catro A saida Tres do solpor Cíes   PS: Grazas a dous (2 polo momento) bos colegas, que prestáronse a facerme de figurantes :-)

Os contrastes de Marrocos

A medina de Marrakech Caos. Motos, peons, bicicletas, coches, cabalos, burros cruzándose sen orde aparente. Ruas pequenas e prazas colapsadas. Nenos acostumados a pedir cartos os foráneos, por necesidade, por picaresca, ou por ambas as dúas. Xente, moita xente. Sensación de que cada persoa coa que se cruza a mirada é un comercial. Tentar o desenrolo mantendo a tradición. Multitude de oficios. Mercados. Caras concentradas, caras ausentes. Jamaa el Fna   Ausente. Zoco Porta da Medina Productos exóticos O sur do Anti Atlas Ausencia de vehículos; algún carro tirado por burro. Casas de adobe. Rúas de terra. Xente modesta, que comparte o pouco que ten. Rapaciñ@s que asaltan os foráneos ao sair da escola para practicar o francés aprendido na clase. “Bonjour!”, “Comment tu t´'appelles?”. Nenos nómadas que xogan con cabras, a falla de xoguetes ou de outros nenos. Pastores, agricultores. Tranquilidade. Caras de esforzo, caras sorri...

Sen Medo

Muller sen medo "… El miedo de la mujer a la violencia del hombre es el espejo del miedo del hombre a la mujer sin miedo". Eduardo Galeano Texto enteiro O machismo e a violencia esconden cobardía. 25 Novembro.  Hai persoas que non necesitan un día para lembrar unha causa; sufrena tamén os outros 364 días do ano

Val do Drâa

O rio Drâa nace no Alto Atlas, e abre un extenso val ata o deserto, onde desaparece baixo a terra  para voltar a superficie centos de kilómetros despóis, antes da desembocadura, no Atlántico. So se fai evidente durante todo o percorrido nas épocas de choiva. Inda asi, xera un enorme oasis dentro do deserto que o rodea, favorecendo no seu curso a presencia de grandes palmerais e campos de cultivo, asi como numerosas poboacións: Tamnoughalt, antigua capital bereber; Tamroute, de tradición cerámica e cunha antigua biblioteca coránica; Nesrat e Oulad Driss, pequenas vilas de arquitectura de adobe… E M’Hamid el Ghizlane, a verdadeira porta do deserto. A paisaxe vai variando, de grandes e verdes palmeráis rodeados de montañas, a extensións de rochas e dunas con tamarindos e acacias rodeados de area e pedras. Árbores que sobreviven no seco, e que van estando máis illados canto máis nos alonxamos do Atlas. A nova cara da fortaleza Berebere ...