Saltar ao contido principal

Publicacións

Teide 040

A ruta 040 parte do mar, da praia do Socorro, ata a cima do Teide. Forma parte dunha serie de carreiros establecidos no arquipélago das canarias que unen a costa coa cota máis alta de cada illa. Curiosamente, a Tenerife correspondeulle o sendeiro número 4, co que era cuestión de tempo que o reto de partir de cota cero ata casi 4000 metros de altura quedaba patente no seu nome: A 040 . Moitas veces a identificación forma parte do aliciente. 040 Non son “ultratrailista”. Nin me chaman demasiado a atención os retos deportivos. Moita xente (supermulleres e superhomes) fan os 27 km e máis de 3900m de desnivel acumulado nun día, nunhas horas. Eu, nós, prantexámolo en dous días. O reto non era deportivo, era sentir e gozar co cambio de paisaxes e climas da illa de Tenerife, dende o mar ata rañar o ceo.   A 040 parte da praia do socorro, onde os surfistas retan as ondas do mar. Percorre plataneros en ambiente tropical ata chegar ao mirador de el Lance, a 500m de altura, onde o lider guanch...

As diferentes cores

Hai situacións nas que non cabe a equidistancia.  Cando se están a atacar os dereitos humanos, mostrarse imparcial supon blanquear a Xenofobia, LGTBIfobia e a intransixencia.  As formas de pensar que rompen a convivencia non se poden equiparar ás que queren dar un xiro para debuxar un novo mundo con cores diversas Non se trata de confrontación de ideas. Cando as opcións son respectar ao diferente, ou marxinalo e odialo; non hai neutralidade posible, compre tomar partido. Xiro para repintar (debuxar un novo mundo con cores diversas)

Terra de Trives

Imaxes de Manzaneda, Ponte Navea e Chandrexa. Pleno inverno e sen follas, pero os bosques e as paisaxes da Terra de Trives e contorna non deixan de ser fermosos en ninguna época do ano. Ponte Navea Avistando o horizonte Courel dende Trives cores após queimar Névoa en Manzaneda Desolación Amencer Lugareño O bo Ar Campos fríos Chandrexa Materno

Primavera escura

  A primavera no Courel é unha explosión de cores. Se ben non chega a variedade e espectacularidade do outono, as montañas e ladeiras cubrense cun mantos amarelos e violetas polas flores de uzes e xestas, que mesturados entre os diferentes tonos de verde xeran unha fermosa policromía. Primavera escura   … todo esto ocorre sempre que a luz chegue. Porque nas montañas do Courel sempre cabe a posibilidade de que as nubes queden atrancadas e cubran toda esta mestura de cores cunha intensa névoa. Estes días, so de cando en vez algún raio de luz se cola entre cumios e nubes para iluminar as ladeiras. E a primavera resulta igualmente fermosa, ainda que sexa escura. Agochado na néboa Vista dende Penaboa Lagoa de Lucenza Devesa de Rogueira Pia Paxaro Atain Descanso Dentro da Devesa Ladeiras de cores Verde bosque Val da néboa Uzes en flor Castelo Flor sen luz Camiños

Contorna de Cabo Estai

  Cabo Estai, en San Miguel de Oia de Vigo, é dos recunchos máis afastados e solitarios da area do Concello. É das poucas zonas litorais no municipio onde o mar comportase como mar, e o vento arrecia e as ondas rachan con forza nas rochas. Quizáis por eso parece tan desanxelado. Como en tantas e tantas ocasións en Vigo, no pasado e no presente, Cabo Estai está estrepitosamente desaproveitado, ou en proceso de estragarse. A desafortunada ubicación do Instituto Oceanográfico, sobre as propias rochas do cabo, cun alto muro de formigón, dificulta o aceso ao Faro. Ademáis, hai que sumarlle os casoplóns-bunker a pé de costa, de dubidoso gusto, que rodean e incluso dificultan chegar as diferentes calas e rochas do cabo.  Non queda ahí a cousa, O Faro, o único elemento construido polo home que aporta encanto en Cabo Estai, ten o aceso restrinxido, xa que está dentro da zona da autoridade portuaria. Realmente o de “Abrir Vigo ao Mar” é unha broma ou unha burla. Este recuncho que poderí...