Saltar ao contido principal

Publicacións

Reflexos no porto de Vigo

  Esta entrada non é moi orixinal.  De cando en vez publico unha parecida sobre o porto. pero é que nunca me resisto pasar por ahi cando vou a algún sitio os días que está de chover. Preferentemente xusto despóis de que caia o auga.  Cando o vento comeza a dispersar as nubes grosas trala precipitación. por se aparece algún reflexo de barcos de altura, ou nubes, ou guindastres.  Porque sempre aparece algo que me chama  a atención. E, claro, logo acabo publicandoo.. ... Outra vez.

Larrau e pico Ori

  Larrau é o porto que separa Navarra de Francia.  Partir dende a frontera é a forma máis sinxela de acceder ao pico Ohri.  Dende este cumio podese ver tanto  a Selva de Irati dende o alto, como a vertente gala. Máis o día que nos tocou non prometia moito, porque no collado non se via nin a cinco pasos. Por sorte, ao comezar a camiñar deixamos a névoa atrás, e nos permitiu estar sobre un mar de nubes, no que sobresaian as cumbres francesas.

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí

Bogotá. A Candelaria

A Candelaria é o centro histórico de Bogotá.  Onde hai moitos edificios con institucións e/ou expresións culturais de todo tipo.  Hai tamén moita xente que a visita e por tanto, mercadillos e postos. Plaza Bolivar, Concordia, Chorro de Quevedo... As rúas son, na súa maior parte, construccións coloniais moi coloridas e características. A capital de Colombia ten máis cousas que visitar, pero eu so estiven unha mañá na cidade. Free tour e pouco máis. Máis entradas de Colombia  Aquí

VigoHistórico

Durante os anos 2019, 2020 e 2021, estiven colaborando activamente coa asociación Vigo Historico.  Este colectivo tiña o noble  (pero complicado) fin de tentar evitar a construcción dun tunel baixo a porta do Sol, en pleno casco vello de Vigo. Fago nesta entrada unha pequena recopilación de fotos e debuxos que serviron para poner en valor os espazos que se ian estropear. Os debuxos son bastante simples, moit@s nen@s pintan mellor ca min.  Pero lembroos con cariño Tampouco me vou parar a explicar o absurdo do túnel, porque xa está explicado na páxina desta asociación. Ademáis, o tempo se encargou de demostrar que non é necesario para convertir an zona  en peonil. O túnel foi adiante. Non se logrou o obxectivo. Porén, na miña opinión, a  gran victoria de VigoHistórico foi concienciar a cidadanía sobre o patrimonio vigués, e poner en valor o paseo de Alfonso. De xeito que a corporación non lle quedou outra que modificar o trazado do túnel e levalo ata Torreced...

Refuxio de Estagnous

Pernoctei neste refuxio durante a travesía de montaña Passaran.  É un aloxamento moi acolledor, con xente atendendo moi amable, e está nun lugar privilexiado.  Construiron este refuxio sobre o Etang Rond, e baixo o xigante Mont Vallier.  Un impoñente monte que ten un glaciar na súa cara norte, ainda que moi pequecho e posiblemente en camiño de desaparición no vran. Pero o máis chamativo de Estagnous son as vistas do solpor. De feito creo que a cena é algo antes para que dea tempo de sair a admiralo. Bueno, creo, non sei se é así ou se sain eu antes a velo. Sexa dun xeito ou de outro, deu tempo a que todo o mundo puidera gozar coas vistas.  Creo que é dos solpores máis chulos que vin dende un refuxio.  Comparable ao de Collado Jermoso, ou Niu d´ a. Aliga Ademáis a nevoa que entraba e saia do val facía a o ambiente da estampa ainda máis especial. Asi que farteime a facer fotos. Costoume facer selección :-) Máis entradas do Passaran  Aquí