Saltar ao contido principal

VietNam Central e Tam Coc

​O Vietnam non tan coñecido



puente del dragon da nang vietnam
Ponte do dragón

Da Nang


nenufares en las pagodas de las montañas de marmol da nang vietnam
Montañas de Marmore

Da Nang


grutas y cuevas de las montañas de marmol da nang vietnam
Luz na caverna

Da Nang


montañas de marmol da nang vietnam
Figuras Budistas

Da Nang
tiendas de hoi an vietnam central
Vendedora de lamparas

Hoi An


templo en hue vietnam
Gardian imperial

Hué



tam coc
Nenufares e nasas

Ninh Binh


Campos inundados

Tam Coc


A montaña e o dragón

Ninh Binh
Ha Long de interior

Tam Coc


Vietnam Central (alomenos o que visitei: Da Nang, Hué e Hoi An) pareceume moito máis turistico do que esperaba. Da Nang é unha cidade puxante, bastante auténtica, sen moito que ver de cara ao visitante. Ten unha praia enorme ao seu carón, na que están construindo interminables ringleiras de edificios enormes, que imaxino serán hoteles nun futuro. cando estiven eu alí foi época de chuvias, así que praia pouca. A tiro de taxi están as enigmáticas montañas de Marmore. Son cinco de elevacións moi arboladas repletas de pagodas, grutas e esculturas incrustadas nas caverna. Din que representan os cinco elementos. Nós so estivemos na máis grande: a de auga. E moita auga, Visitala en día de choiva fai que as covas estén cheas de pingueiras. Foi o que máis me chamou a atención de Da Nang.



Ao sur, no bus de liña (previo regateo co recolledor de tickets oficial) está Hoi An. Moi coñecida e publicitada en todas as guias de Vietnam. Porto comercial próspero no pasado, foi sobrepasado por Da Nang, e quedou co aspecto de hai cen anos, polo que é o típico pobo fermoso no que case só pasean turistas e os que traballan para o turismo. Inda así é moi fermoso, se un é capaz de obviar a masa de xente que circula polas ruas.



Ao norte de Da Nang, a tres horas en bus, está a antiga capital imperial, Hué. Tamén tristemente famosa polas matanzas que houbo na guerra do VietNam. Cambiou varias veces de bando (pola sua situación fronteiriza entre o Norte e o Sur) e iso conleva sanguentas represalias. Ao ir cunha excursión dun día, so pisei a cidade dos emperadores e algún que outro palacio. A verdade é que digno de visitar. Polo diferente ao occidental e polo conservados que están.


Tam Coc tamén é coñecido como a Bahia de Ha Long de interior. A cidade de referencia é Ninh Binh. Varios rios circulan entre as formas que lembran ás da sua equivalente costeira. Entre montaña e montaña, prados con vacas e arrozais

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.