Saltar ao contido principal

Azores. Illa de Faial

Faial é pequena pero ten moito que ver. Ademáis dos miradouros, prados bosques e cantís que son comunes a todas as Azores, nesta illa destacan a enorme caldeira  central e o cabo de Capelinhos.


Faial es pequeña pero tiene mucho que ver. Además de los miradores, prados, bosques y acantilados que son comunes a todas las Azores, en esta isla destacan su enorme caldera central y el cabo de Capelinhos.


Cabeço gordo

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 18mm 1/1320s f/11 ISO160

 

 

 Forma parte do grupo central das Azores, en frente de Pico. De feito, dende Horta, a súa capital, as vistas do volcán do mesmo nome son espectaculares. As dúas illas están moi próximas, hai un ferry que as une en vinte minutos.

Non dedicamos a Faial todo o tempo que merece. Vimos a illa en dous días moi diferentes entre si. O primeiro con moita névoa, que impedía ver nada, e o segundo día fixemos visita express durante unhas poucas horas despóis de subir ao volcán Pico.


Forma parte del grupo central de las azores, en frente de pico. De hecho, desde Horta, su capital, las vistas del volcán homónimo son espectaculares. Las dos islas están muy próximas. Hay un ferry que las une en veinte minutos.

No le dedicamos a Faial todo el tiempo que merece. Visitamos la isla en dos días muy diferentes entre si. El primero tuvimos mucha niebla, que nos impedía ver nada, y el segundo día estuvimos muy poco tiempo: solo unas pocas horas después de subir al volcán Pico.




Estrada de nevoa e terra

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/250s f/5.6 ISO200

As flores de Ribeira Funda

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/640s f/5.6 ISO200

Vistas tapadas

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 34mm 1/640s f/7.1 ISO200

Vacas na névoa

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 32mm 1/500s f/4.5 ISO200

Impronta de paso

Nikon D7000. Nikkor 85mm f/1.8. 85mm 1/4000s f/1.8 ISO125

A caldeira de Faial

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/250s f/11 ISO160

Cantís Dourados de Capelinhos

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/125s f/11 ISO160

Faro enterrado na lava

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/50s f/11 ISO160

Capelinhos

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 16mm 1/100s f/11 ISO160




A caldeira de Faial, o Cabeço Gordo, é unha das máis grandes das azores. É un cráter xigante de 2 km de diámetro, cun pequeno lago no interior. As súas paredes verdes verticais teñen 300m de altura. Ademáis está a mil metros sobre o nivel do mar, co que as vistas dos bosques e das illas de arredor son preciosas. Magoa que non tiveramos tempo de dar toda a volta ao volcán, porque semella que paga a pena.

O cabo de Capelinhos é relativamente novo, emerxeu do mar na erupción de 1957, provocando grandes destrozos nas casas e nos campos da illa, obrigando a emigrar a miles de personas. Hoxe en día, o paseo pola zona, polos novos cantís e polo faro indundado pola lava é precioso. Nas derradeiras horas do día o Solpor é espectacular. A luz da hora dourada da color ainda máis alaranxado as áridas terras que conforman o cabo.

… e do resto da illa non puidemos ver moito máis. O día de névoa impediunolo. Ainda que non deixa de ser misterioso circular por estradas tapadas e ver vacas sair da nada, da rabia non poder disfrutar do que seguro que sería unha paisaxe fermosa. Tentamos ir ao miradoiro da Ribeira Funda, pero non se via nada. Tampouco se via moito no Monte da Guía, en Horta. Nin tampouco nos miradouros da Nossa Senhora da Conceiçao ou da Ponta Espalamaca. O día estaba moi malo para ir a Praia do Almoxarife, así que rematamos o día en Horta. Tomamos uns Gintonics baratos no Bar do Piter (un local moi coñecido pero bastante guiri), e paseamos polo porto da vila, ollando os debuxos dos seus diques. Os aventureros que cruzan o atlántico nos seus veleros, cando fan parada na capital de Faial, teñen costume de deixar a súa impronta nas pedras do porto. O resultado é un embarcadoiro multicolor cheo de debuxos e bandeiras.

Quedounos pena de non visitar a reserva forestal de Cabouco. Pasamos cerca co coche,e ten que ser realmente bonita. Pero o tempo (o atmosférico e o cronolóxico) non permite facer todo.

 Máis publicacións sobre Azores, aquí  

                                                          -x-





La caldera de Faial, el Cabeço Gordo, es una de las

más grandes de Azores. Es un cráter gigante de dos

kilómetros de diámetro, con un pequeño lago en su

interior. Sus paredes verdes verticales tienen 300m

de altura. Además, está a mil metros sobre el nivel

del mar, con lo que las vistas de los bosques y de las

islas de alrededor son preciosas. Fue una låstima que

no tuviéramos tiempo de dar toda la vuelta al volcán,

porque parece que vale la  pena.


El cabo de Capelinhos es relativamente nuevo. Emergió

del mar en la erupción de 1957, provocando grandes

destrozos en casas y campos de la isla, obligando a

emigrar a miles de personas. Hoy en día, el paseo por

la zona, por los nuevos acantilados y por el faro

inundado por la lava es precioso. En las últimas

horas del día, la puesta de sol es espectacular.

La luz de la hora dorada da un tono aún más

anaranjado a las áridas tierras que conforman el cabo.


… Y del resto de la isla, no pudimos ver mucho más.

El día de niebla nos lo impidió. Aunque no deja de

ser misterioso circular por carreteras tapadas, y

ver vacas surgir de la nada, da rabia no poder

disfrutar de lo que seguro sería un paisaje hermoso.

Intentamos ir al mirador de la Ribeira Funda, pero no

se veía nada. Tampoco se veía mucho en el monte

da Guía, en Horta. Ni en los miradores de Nossa

Senhora da Conceiçao, o de la Ponta Espalamaca.

El día estaba muy malo para ir a la playa de

Almoxarife, así que terminamos el día en Horta.

Tomamos unos Gin Tonics baratos en el Bar de Piter

(un local muy conocido, pero bastante guiri), y

paseamos por el puerto de la localidad. Observando

los dibujos de sus diques. Los aventureros que

cruzan el Atlántico en sus veleros, cuando hacen

parada en la capital de Faial, tienen la costubmre

de dejar su impronta en las piedras del puerto.

El resultado es un embarcadero multicolor lleno de

dibujos y banderas.

Nos quedó la pena de no visitar la reserva forestal de Cabouco. Pasamos cerca con el coche y tiene que ser realmente bonita. Pero el tiempo (el atmosférico y el cronológico) no permite hacer todo. 

Máis publicacións sobre Azores, aquí  

 

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e...