A ViboMask é unha reunión de figuras tradicionais de entroido que ten lugar en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Achéganse gran cantidade de máscaras de toda Galicia, e tamén de fora: Portugal, Zamora, León, Euskadi... Boteiros e Folión de Vilariño de Conxo Madamas e Galáns de Cobres Boteiro e Folión de Viana do Bolo Follateiros de Lobios Merdeiros do Berbés (Vigo) Entroido de Sanmamede Folión de Buxán Vellarrón de Riós Felóns e Madamas de Esgos Entroido A Veiga Cabaleiros do Entroido da Feira (Salvaterra) Bonitas de Sande Oso de Salcedo (Pobra do Brollón) Fulión de Mormentelos Caretos de Lazarim (Viseu) Diablos de Luzón (Guadalaxara) Carnaval de Abanto (Euskadi) Sidros e Comedies de Valdesoto Talanqueiras e Visparros (Galende, Zamora) Atenazador (San Vicente de la Cabeza, Zamora) Certo é que unha mascarada nunca vai ser algo tan auténtico como visitar cada entroido no seu lugar. Sempre vai ter un punto de artificial por sacar as figuras do seu contexto orixinal. Porén, a VIBOMask ...
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".