Saltar ao contido principal

Cavalls del Vent. Etapa 5


cavalls de vent pirineos cadí moixeró Lluis estasen Gresolet Sant Jordi
Cavalls

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/640s f/5.6 ISO125

Branco e Negro parcial editado con Gimp


Derradeira etapa dos Cavalls del Vent
Última etapa de los Cavalls del Vent


cavalls de vent pirineos cadí moixeró Lluis estasen Gresolet Sant Jordi
Empedrats

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/10s f/22 ISO100

cavalls de vent pirineos cadí moixeró Lluis estasen Gresolet Sant Jordi
Fervenza dos Empedrats

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 13mm 1/5s f/10 ISO100

cavalls de vent pirineos cadí moixeró Lluis estasen Gresolet Sant Jordi
Refugi Gresolet baixo o Pedraforca

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/200s f/11 ISO125

cavalls de vent pirineos cadí moixeró Lluis estasen Gresolet Sant Jordi
O refuxio escondido

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 24mm 1/250s f/11 ISO125

cavalls de vent pirineos cadí moixeró Lluis estasen Gresolet Sant Jordi
Derradeira subida

Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 35mm 1/80s f/6.3 ISO125

cavalls de vent pirineos cadí moixeró Lluis estasen Gresolet Sant Jordi
Lluis Estasen again

Nikon D7000. Tokina 11-16 f/2.8. 11mm 1/200s f/11 ISO125

Saimos cedo do Refuxio. A etapa era longa e tiña bastante desnivel, tanto positivo como negativo. Empezamos descendendo por un camiño empedrado, sempre en sombra. Paramos a por auga na font del Faig. Sempre cara abaixo, pasamos algún que outro rego e facemos parada nunha pequena fervenza. Unha fina caida de auga cor turquesa escondida entre paredes. Fermosisima. Non nos bañamos porque estaba en sombra e era bastante cedo. Pero para a xente que ven no senso contrario, subindo, é habitual parar a dar un chapuzón.
Continuamos descendendo ata chegar a Cal Cerdanyola, o punto máis baixo da travesía (910m). O calor faise axfisiante. Comezamos a subir por unha pista, e logo por un carreiro, ata o coll De Bauma (1577m). Polo camiño, atopamos as camiñantes coas que estivemos xogando a adiviñar personaxes no refuxio de Serrat de Les Esposes. Para elas tamén era o seu derradeiro día. En Bauma xantamos e collemos forzas para o que queda. Descendemos por un fermoso bosque de faias ata o refuxio de Gresolet.
O Refuxio de Gresolet é moi chulo. Incrustado no bosque, rodeado de arbores, permite ver o Pedraforca e a subida que nos queda ata o final do noso recorrido: LLuis Estasen.
Custanos arrancar. Porque no cespede e sofás de Gresolet estase caralludo, pero canto máis tardemos, máis vainos custar, ademáis que ameazaba treboada (como case todos os días). Así que comezamos a subida por outro bosque de piñeiros e faias. O camiño é moi estreito e moi empinado. Fai moita calor e moita humidade. A treboada semella inminente. Curva tras curva imos gañando altura, inda que con moito esforzo. Faise longo. De súpeto, case sen enterarnos (bueno si, que levabamos GPS), aparecemos na pista que bordea o Pedraforca. Non queda nada para Lluis Estasen. Os laberinticos carreiros do bosque levannos ao derradeiro refuxio. Celebramolo sellando o derradeira cadro do cartón e tomando unha cervexa. Esquivamos a treboada no Cavalls del Vent, pero non na volta ao coche dende Estasen…
E deste xeito culminamos os 80km polo parque Cadí Moixeró. A Cavalls del Vent non ten paisaxes tan espectaculares como “Carros de Foc”, nin se ten a sensación de estar tan afastada da civilización, pero as vistas non se quedan atrás. Tampouco en esforzo, xa que os desniveles son considerables, e fai máis calor ao camiñar, polo xeral, por estar a menos altura. De feito, a pesar de que non ten tramos complicados nin expostos, quedoume a sensación de que é máis dura. Ademáis, ao non estar tan valorada como a sua irmá do parque de Aigüestortes i Sant Maurici, a aglomeración nos refuxios é moito menor. E no camiño estivemos prácticamente sos todo o tempo.
Unha experiencia para gardar, tanto en imaxes coma no recordo.


-x-
Salimos temprano del refugio de Sant Jordi. La etapa era larga y tenía bastante desnivel, tanto positivo como negativo. Empezamos descendiendo por un camino empedrado, siempre en sombra. Paramos a coger agua en la font del Faig. Siempre hacia abajo, cruzamos algún que otro regato y hacemos parada en una cascada. Una fina caida de agua turquesa escondida entre paredes. Hermosísima. No nos bañamos porque la poza estaba en sombra y era bastante temprano. Pero para la gente que se la encuentra en sentido contrario, subiendo, es habitual parar a darse un chapuzón.
Continuamos descendiendo hasta llegar a Cal Cerdanyola, el punto más bajo de la travesía (910m). El calor es asfixiante. Empezamos a subir por una pista, y luego por un sendero, hasta el Coll de Bauma (1577m). Por el camino, encontramos a las senderistas con las que estuvimos jugando a adivinar personajes en el refugio Serrat de les Esposes. Para ellas también era su último día. En Bauma comemos y cogemos fuerzas para lo que queda. Descendemos por un bonito bosque de hayas hasta el refugio de Gresolet.
El refugio de Gresolet es muy chulo. Incrustado en el bosque, rodeado de arboles, permite ver el Pedraforca y la subida que queda hasta el final del recorrido: Lluis Estasen.
Nos cuesta arrancar. Porque en el cesped al solete se estaba genial. Pero cuanto más tardemos, más nos va a costar, además que amenaza tormenta (como casi todos los días). Así que empezamos la subida por otro bosque de pinos y hayas. El camino es muy estrecho y empinado. Hace mucho calor y hay mucha humedad. La tormenta parece inminente. Curva tras curva vamos ganando altura, aunque con bastante esfuerzo. Se hace largo. De pronto, casi sin esterarnos (bueno, si, que llevabamos GPS), aparecemos en la pista que bordea el Pedraforca. Ya no queda nada para Lluis Estasen. Los laberínticos senderos del bosque nos llevan al último refugio. Lo celebramos sellando el último cuadro y tomando una cerveza. Esquivamos la tormenta en el Cavalls del Vent, pero no en la vuelta al coche desde el refugio Estasen…
Y de esta forma terminamos los 80Km por el parque Cadí Moixeró. La Cavalls del Vent no tiene paisajes tan espectaculares como “Carros de Foc”, ni se tiene la sensación de estar tan alejada de la “civilización”, pero las vistas que tiene no se quedan atrás. Tampoco en esfuerzo, ya que los desniveles son considerables. Y hace más calor al caminar, por lo general, por estar a menos altura. De hecho, a pesar de no tener tramos complicados ni expuestos, me quedó la sensación de que es más dura. Además, al no estar tan valorada como su hermana del parque de Aigüestortes i San Maurici, la aglomeración en los refugios es mucho menor. En el camino estuvimos prácticamente solos todo el tiempo.
Una experiencia para guardar, tanto en imágenes como en el recuerdo.

<- Ver Etapa 4

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...