Saltar ao contido principal

O camiño da Industria


La última sirena ya ha sonado

Las viejas chimeneas no hechan humo

Los rumores que se oían eran ciertos

Te han echado

La empresa cierra

Y tú quedas colgado

Hablando nada se ha conseguido

Ir a la lucha habéis decidido

Vas a echarle muchos huevos, pero no vas a faltar

Hoy por los tuyos tú vas a luchar





A outrora potente industria de Vigo, camiña cara a extinción polo sendeiro da precariedade.

A deriva do Naval, o devenir da automoción, e a desfeita do pequeno comercio, en caida libre fronte as grandes areas comerciais, fai que as novas xeracións viguesas pensen máis fora que dentro.

Titulos das fotos: Estrofas de “A por ellos!” Un clásico de Skacha, dos noventa, máis a temática segue tristemente presente. E ainda máis, se cabe.

Publicacións populares deste blog

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Tayrona

 Antes de vir aquí, imaxinaba Tayrona como un conxunto de praias onde Shakira ia tomar o sol. Si que hai moitas praias, e ben fermosas, moitas delas virxes ou semivirxes. Pero o parque non é solo costero. Arredor da praia hai selva tropical, con só un par de camiños para cruzalas, onde se pode atopar dende serpes, arañas, monos aulladores e incluso quedan algunas tribus indixenas que continúan co modo de vida tradicional. Estas fotos foron feitas durante unha ruta de dous días, comezando en Calabazo e rematando en Zaino, durmindo en Playa Brava.  Bueno, realmente non foi ese o traxecto, porque en Calabazo contratamos motos que levan ata a fin da pista, aforrando a subida ata a cima de Tayrona, e collendo bus na Via dos arrecifes para que nos levara a Zaino. Os carreiros pola selva son preciosos. Máis para alguén coma min que non está moi acostumado a camiñar pola selva. Tanta humidade e tanta frondosidade impresiona.  A praia de Playa Brava é preciosa. Non é a mellor para...

Ciudad Perdida Teyuna

  Fotos do acceso e visita a  Ciudad   Perdida  Teyuna (Colombia) Consiste nunha serie de plataformas circulares (máis de 140), situadas no medio da selva da Serra Nevada, onde se asentaron as tribus Teyuna. Nas plataformas construían as súas vivendas en madeira e Arcilla (obviamente non queda nada delas) Chegaron a vivir ata 2000 habitantes.  Amencer Considerase o Machu Pichu colombiano, aínda que é bastante máis antigo, e bastante máis grande que o asentamento peruano. Foi descuberta sobre 1976, e Ainda quedan partes da cidade por explorar. Sempre tiven ganas de realizar este "trekking". Dende que escoitara a Jon Sistiaga na radio falando del. Pasaron anos dende que souben da ruta, e probablemente agora sexa máis doada e esté máis explotada. Construíronse pontes e agrandaronse carreiros. Pero a dificultade segue sendo a mesma, máis que o desnivel acumulado (que o ten) as condicions de humidade e calor, que fan perder moita auga e sentir o corpo sudado en todo ...

Gilbo e Yordas

  Penso que son os picos máis carácteristicos dos montes de Riaño. Xa hai varias entradas destas montañas no blog. Pero como sempre atopo cousas que me parecen interesantes, xunteinos en outra máis. Igual non é a derradeira... Baixada do Gilbo Encoro de Riaño entre a brétema Vistas dende o Gilbo Yordas Espigüete dende o Gilbo

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...