Saltar ao contido principal

A Costa da Vela

Un sábado do mes de Febreiro decidimos camiñar toda a costa da Vela. tentar bordear todo o extremo da península do Morrazo a pé.

-x-

Un sábado del mes de Febrero decidimos caminar toda la Costa de la Vela. Intentar bordear completamente el extremo de la península del Morrazo a pie.



A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Vilariño

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Area Brava

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Entre praias


A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
A cala de Couso

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
O Inalcanzable Faro de Punta Couso

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Facho de Donón

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Vistas dende o Facho

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
O carreiro ata Cabo Home

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
O Faro

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Os Cantís do Facho de Donón

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Cabo Home

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Fronte o mar

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
As calas de Cabo Home

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Barra

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra
Nerga


O día non acompañaba, estaba de nubes e algo de choiva. Pero as paisaxes que regala este espazo da rede Natura son espectaculares.

Comezamos en Vilariño. a idea era bordear toda a Ría de Aldán ata Punta Couso. Atravesamos fermosas praias como Arneles, Castiñeiras, Area Brava, ou a caliña de Couso.

Ao non estar abertos os chiringuitos, en inverno faise algo complicado facer o percorrido pola beira do mar. Nós tivemos sorte, xa que estaba marea baixa.

A Ría de Aldán, coas súas praias, Punta Couso, o Facho de Donón, Cabo Home, Barra... A costa da Vela é un paraiso ben preto da casa.

Para chegar ao faro de Couso, na urbanización, atopamos os previsibles problemas que atopa todo o mundo. Carreiros pechados, cartéis disuasorios, muros... Resulta moi complicado chegar sen atravesar propiedades privadas. Resulta desconcertante, xa que é un lugar tan fermoso, que deberíamos poder gozar tod@s del. Descoñezo a problemática. Non sei se a solución desta situación ten que sair dos propietarios, ou do Concello de Cangas. Pero resulta incomprensible a día de hoxe.
O crebacabezas paga a pena: A zona do faro resulta un lugar ben bucólico. Ainda que co día que tiñamos resultaba algo inhóspico polos refachos de vento.

O paseo dende Couso ao Facho de Donon, pola da costa da Vela transcurre (magoa) por un gran eucaliptal. O camiño ofrece varias oportunidades de acercarse a miradoiros naturais, para poder vislumbrar Ons, e as Cíes dende o alto dos cantís.

Camiñando por bosque e pista chegamos ao maxestuoso Facho de Donón. Lugar que, ademáis de ter unha panorámica espectacular das Cíes e Cabo Home, permite visitar o antigo pobrado castrexo, situado nun enclave privilexiado. Non sabían nada estes antergos.

O camiño prosegue ata o Faro de Cabo Home. Pasa pola famosa Caracola de Donón e permite apreciar algún esperpento urbanístico que está a medio construir. Non podía faltar algo de feísmo nunha andaina pola costa galega. O carreiro que circula baixo a pista é fermosisimo. E co mar rebelde como estaba ese día, ainda máis.

Do faro de Cabo Home non hai moito novo que dicir. Para min é un dos lugares máis espectaculares de Galicia. Seguimos o camiño admirando as diferentes calas e furnas que os recovecos desta costa esconden. Pasmos polos faros de Punta Robaleira e Subrido. E a Praia de Melide. Deserta e preparada para a nosa visita.

Rematando de bordear o cabo chegamos a Barra. Creo que é a única praia virxe da Ría de Vigo. Tamén, toda para nós. A Barra siguelle Viñó e Nerga, onde rematamos o noso percorrido (o paisaxistico, para volver ao coche, tivemos que cruzar a península polo cruceiro de Hio)

-x-

 El tiempo no acompañaba, el día era nuboso y con algo de lluvia. Pero los paisajes que regala esta zona de la Red Natura son espectaculares.

Empezamos en Vilariño. La idea era recorrer la ría de Aldán hasta Punta Couso. Caminamos por las preciosas playas de Arneles, Castiñeiras, Area Brava o la calita de Couso. Al no estar abiertos los chiringuitos, en invierno se hace algo complicado hacer el recorrido por el borde del mar. Tuvimos suerte porque estaba la marea baja.

La Ría de Aldán, con sus playas, Punta Couso, el Facho de Donón, Cabo Home, Barra... La costa da Vela es un paraíso que está bien cerca de casa.

Para llegar hasta el faro de Couso, en la urbanización, encontramos los previsibles problemas que se encuentra todo el mundo. Caminos cerrados, carteles disuasorios, muros... Se hace muy difícil llegar sin pisar propiedad privada. Es desconcertante, porque es un lugar tan bonito que deberíamos poder disfrutarlo tod@s. Desconozco la problemática. No se si debe resolverlo el Concello de Cangas o los propietarios. Lo cierto es que la situación resulta incomprensible hoy en día.
Resolver el rompecabezas del camino vale la pena. El faro de Couso resulta un lugar superbucólico. Muy auténtico. Aunque con el día que teníamos resultaba algo inhóspito por los refachos de viento.

El paseo desde punta couso hasta el Facho de Donón por la costa transcurre (desgraciadamente) por un eucaliptal. El trayecto ofrece varias oportunidades de acercarse a miradores naturales, desde donde se pueden ver las Ons y las Cíes desde lo alto de los acantilados.

Continuando por bosque y por pista llegamos al majestuoso Facho de Donón. Lugar que, además de tener una panorámica espectacular de las Cíes y de Cabo Home, permite visitar el antiguo poblado castrexo, situado en un enclave privilegiado. No sabían nada estos antepasados.

El camino prosigue hasta el faro de Cabo Home. Pasa por la famosa caracola de Donón, y permite apreciar algún esperpento urbanístico que está a medio construir. No podía faltar algo de feísmo en una caminata por la costa gallega.
El sendero que circula bajo la pista es muy bonito. Y con el mar rebelde de ese día, aún más.

Del faro de Cabo Home no hay nada nuevo que aportar. Para mí es uno de los lugares más espectaculares de Galicia. Tras hacer parada allí, seguimos nuestro camino admirando las diferentes calas y furnas que los recovecos de esta costa esconde. Pasamos por los faros de Punta Robaleira e Subrido. Y por la playa de Melide, desierta para nuestra visita.

Al terminar de bordear el cabo nos esperaba Barra. Creo que la única playa virgen de la Ría de Vigo. También toda para nosotros, con su pinar y sus dunas. A Barra le sigue Víñó, y después Nerga, donde terminamos nuestro recorrido (el paisajístico, para volver hasta el coche, tuvimos que cruzar la península por el Cruceiro de Hío)


Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...